Manuel Beiras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
m →‎Traxectoria: Partido Galeguista (histórico)
Liña 4:
Graduado pola Escola de Comercio da [[A Coruña|Coruña]], dende moi novo comezou a escribir. Aos dezaseis anos publicou o seu primeiro artigo xornalístico en [[El Diario de Galicia]]. Posteriormente seguiu escribindo e traducindo ao galego baixo o pseudónimo "Eu ben sei".
 
Católico e galeguista, foi un dos fundadores do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]] en [[1931]]. Ao ano seguinte promoveu a celebración da primeira misa en galego. Beiras militou no Partido Galeguista até [[1935]], cando xunta con outros militantes encabezados por [[Xosé Filgueira Valverde]] e [[Vicente Risco]] abandona o partido polos seus pactos coa esquerda e fundan a [[Dereita Galeguista]].
 
Trala guerra civil prosigue as súas actividades culturais e crea, xunta con outras personalidades de Galiza, coma [[Otero Pedrayo]], Gómez Román, Luis Iglesias, [[Fermín Bouza Brey]], Jaime Islas, [[Antón Fraguas]] e Jesús Ferro Couselo, o [[Patronato Rosalía de Castro]]. Foi tamén moi activo no ámbito compostelán, creando a [[Orquestra Filarmónica de Compostela]] e promovendo actos como a celebración do [[Día de Galiza]] en Santiago de Compostela ou a [[Festa do Traxe Galego]].