Anderson Luiz de Carvalho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: sv:Nenê
Anton45 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 65:
'''Anderson Luis de Carvalho''', coñecido coma '''Nenê''', nado en [[Jundiaí]] ([[Estado de São Paulo|São Paulo]]) o [[19 de xullo]] de [[1981]], é un [[futbolista]] [[Brasil|brasileiro]]. Xoga de [[Posicións no fútbol|centrocampista]] e o seu actual equipo é o [[Paris Saint-Germain FC]].
 
Comezou a súa carreira futbolística no Juiandaí brasileiro, pasando apartir do ano [[2002]] por [[Palmeiras]] e [[Santos]]. Deu o salto a [[Europa]] no ano [[2003]] fichando polo [[Mallorca]], e tras unha experiencia non de todo boa nas illas ficha polo Alavés de [[Dimitri Peterman]] onde sería a estrela, marcando 12 goles e certificando o ascenso do equipo de [[Vitoria]] a [[Primeira División Española|Primeira División]].
 
A tempada [[2005]]-[[2006]] o Alavés non conseguiría manterse en Primeira pero a nivel persoal foi moi bo ano para o xogador brasileiro, xogando todolos partidos como titular e marcando 9 goles. Tralo descenso do seu equipo, Nené ficharía polo [[Celta de Vigo]] polo prezo de 4,5 millóns de euros e ao canteirán Toni Moral, un gran esforzo económico para o clube celeste.
 
No seu único ano en [[Vigo]] volveu a xogar todolos partidos como titular tanto en Liga como na [[copa da UEFA]], indo as súas actuacións de menos a máis ao longo do ano, tendo un papel moi importante ao final da tempada ainda que non conseguiría salvar ao equipo do descenso a [[Segunda División Española|Segunda División]].
 
Co segundo descenso consecutivo Nené volve cambiar de aires e tras negociar con clubes como [[Getafe CF]] ou [[Olympiakos]] ficharía polo [[AS Monaco FC]] polo prezo de 7 millóns de euros
 
Na tempada [[2008]]-[[2009]] é cedido ao [[RCD Espanyol]] voltando ao ano seguinte a [[Mónaco]] en un gran nivel de forma, o cal lle valeu ao final de ano para fichar polo [[Paris Saint-Germain]], clube no que ainda milita.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===