Hemicelulosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 5:
 
==Composición==
As hemicelulosas ([[número CAS]] 8024-50-8) son unha mestura de polímeros de [[pentosa]]s, [[hexosa]]s e [[ácido urónico|ácidos urónicos]] <ref>Encyclopaedia Britannica [http://www.britannica.com/EBchecked/topic/260780/hemicellulose Hemicellolose]</ref>. Entre as hemicelulosas están o [[xilano]], [[glucuronoxilano]], [[arabinoxilano]], [[glucomanano]], e [[xiloglucano]].
 
Estes polisacáridos conteñen moi diferentes monómeros, o que contrasta co único monómero da celulosa, a [[glicosa]]. Por exemplo, ademais de glicosa, os monómeros da hemicelulosa poden ser os seguintes [[monosacárido]]s de 5 e 6 carbonos: [[xilosa]], [[manosa]], [[galactosa]], [[ramnosa]], e [[arabinosa]]. As hemicelulosas conteñen a maior parte das D-[[pentosa]]s, e ocasionalmente tamén pequenas cantidades de azucres L. A [[xilosa]] é sempre o azucre presente en maior proporción, pero o [[ácido manurónico]] e o [[ácido galacturónico]] tamén son frecuentes.