Arquitectura románica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Mix (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Mix (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
O mosteiro de [[Cluny]] coa elección do [[abade]] polos propios monxes como reacción ó poder dos señores feudais no seo das [[abadía]]s, converteuse no centro espiritual da [[Europa Occidental]] e como organizador de cruzadas estableceu o contacto entre os diferentes pobos e como consecuencia un tipo de arquitectura común, renovando os conceptos da herdanza clásica romana, incluíndo tamén a tradición prerrománica e a oriental a través de [[Bizancio]] e o mundo árabe. O material de construción utilizado foi o [[perpiaño]] e como novidade as igrexas e mosteiros divídense en varios tramos, a cuberta componse na maioría dos casos por unha bóveda de canón que se divide en varios tramos independentes o que posibilita o abaratamento da construción ao permitir a utilización dunha mesma [[cimbra]] varias veces, a técnica requería o reforzo da bóveda con arcos de perpiaño, o que obrigaba a levantar piares compostos como sistemas de apoio para transmitiren os empurramentos ás naves laterais que se absorben grazas a grosos muros de peche reforzados mediante contrafortes. Outros elementos arquitectónicos utilizados foron o [[arco de medio punto]], a bóveda de aresta, a bóveda de cuarto de esfera.
 
Característico da arquitectura románica forona as igrexas de peregrinación que tiñan como función acoller peregrinos, nestas igrexas modifícanse e amplíase a planta basilical da igrexa-catedral, desenvólvese o [[transepto]] e multiplícanse as naves prolongándoas arredor do [[presbiterio]] dando lugar á [[xiroladeambulatorio]].
[[Category:Arquitectura]]
[[da:Romansk stil]]