Diferenzas entre revisións de «Peptidoglicano»

 
===Fase 2===
A fase 2 ocorre na membrana plasmática. Na membrana o transportador lipídico bactoprenol leva os precursores do peptidoglicano a través da membrana. O bactoprenol ataca o UDP-MurNAc penta-pentapéptido, creando o PP-MurNac penta-pentapéptido, que é agora un lípido. O UDP-GlcNAc transpórtase despois ao residuo MurNAc da molécula anterior, orixinando o lípido-PP-MurNAc penta-pentapéptdido-GlcNAc, un disacárido, precursor do peptidoglicano. <ref name="white"/> Non se sabe como esta molécula é transportada ao outro lado da membrana. Porén, unha vez que está no periplasma, engádese a unha cadea de glicano en crecemento. <ref name="white"/> A seguinte reacción coñécese como transglicosilación. Nesta reacción, o grupo hidroxilo do GlcNAc únese ao MurNAc no glicano, o cal despraza o lípido-PP da cadea de glicano. O encima responsable disto é a transglicosilase. <ref name="white">{{cita libro |autor=White, D. |ano=2007 |título=The physiology and biochemistry of prokaryates |edición=3rd |lugar=NY |editor=Oxford University Press Inc.}}</ref>
 
== Notas ==
190.140

edicións