Guerra de Crimea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: crh:Qırım cenki
Xián (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
Baixo tratados negociados durante o [[século XVIII]], Francia era o gardián dos Católicos Romanos no [[Imperio Otomán]], mentres que [[Rusia]] era o protector dos [[Cristiáns Ortodoxos]]. Por varios anos, os monxes católicos e ortodoxos disputáronse a posesión da Igrexa da [[Natividade]] e a Igrexa do [[Santo Sepulcro]], en [[Palestina]]. Durante os anos [[1850]], ambos lados presentaron demandas que o Sultán non podía satisfacer simultaneamente. En [[1853]], o Sultán inclinouse a favor francés, a pesar das vehementes protestas dos monxes ortodoxos locais.
 
O [[Tsar]] ruso, [[Nicolás I de Rusia|Nicolás I]], enviou un diplomático, o Príncipe [[Menshikov]], nunha misión especial ao goberno turco. Por tratados previos, o Sultán, [[Abd-ul-Mejid I]], estaba comprometido a "defender a [[Relixión]] e Igrexa Cristiá", pero Menshikov intentou negociar un novo tratado, polo cal Rusia podería intervir cando considerara a protección do Sultán inadecuada. Ao mesmo tempo, o goberno británico enviou un emisario, quen secoñeceu enterou dasas demandas de Menshikov ao chegar. Mediante a diplomacia, Lord Starford convenceu ao Sultán depara rexeitar o tratado, o cal comprometía a independencia dos cidadáns turcos. Pouco despois de enterarsesaber do fracaso do seu negociador, o Tsartsar enviou o seu exército a [[Moldavia]] e a [[Valaquia]], territorios otomanos nos que Rusia era coñecida coma unha gardiá da Igrexa Ortodoxa, empregando coma escusa a falta de solucións por parte do Sultán para protexer os lugares Sagrados. Nicolás I pensou que as potencias europeas non se opoñerían á anexión realizada, especialmente porque Rusia axudou a sufocar as [[Revolución de 1848|Revolucións de 1848]].
 
Cando o Tsar enviou as súas tropas a Moldavia e Valaquia, o Reino Unido, buscando protexer a seguridade do Imperio Otomano, enviou unha flota cara os [[Dardanelos]], onde se lle uniu unha flota francesa. Mentres tanto, as potencias europeas agardaban unha solución diplomática. Os representantes das catro grandes potencias neutrais -Reino Unido, Francia, [[Austria]] e [[Prusia]]-, reuníronse en [[Viena]], onde elaboraron unha proposta que agardaban fora aceptable para Rusia e o Imperio Otomano. A proposta contou co apoio do Tsar Nicolás. Sen embargo foi rexeitada polo Sultán Abd-ul-Mejid I, quen sentiu que a maneira de redacción do documento permitía diferentes interpretacións. Reino Unido, Francia e Austria estaban unidos propoñendo modificacións para satisfacer ao Sultán, pero as súas suxestións foron ignoradas na Corte de [[San Petersburgo]]. O Reino Unido e Francia abandonaron a idea de continuar negociando, pero Austria e Prusia non crían que o rexeitamento xustificara cesar as negociacións.