Aníbal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TjBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: io:Hannibal
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 7:
 
== Ascensión a xeneral e campañas en Iberia ==
Á morte de Amílcar en [[-228|228 a.C.]], [[Asdrúbal]] o Belo]] quedou ao mando do exército cartaxinés en [[Iberia]] e, asasinado este en [[-221|221 a.C.]], o exército elixiu a Aníbal como estratega. Con todo, como sucedera con [[Asdrúbal]], en Cartago o nomeamento foi mal recibido entre os aristócratas, denominados "Os Vellos", defensores do nomeamento de [[Hannón]], xa que consideraban que era perigoso converter o mando do exército nun cargo hereditario e máis cando o ostentaban membros dunha familia demócrata, como era o caso dos Barca. Malia iso, o Consello púnico confirmou o nomeamento feito pola tropa.
 
Vistas as dificultades finalmente superadas do seu nomeamento, Aníbal decidiu lanzarse a realizar conquistas que demostrasen a súa pericia no mando e saciasen a sede de ouro dos avariciosos aristócratas que tanto desconfiaran da oportunidade do seu mando. Percorreu o interior da [[Península Ibérica]] durante dous anos atinxindo coa súa campaña renome militar, a confianza dos seus soldados e tesouros inmensos para Cartago, chegando deste xeito a unha situación na que si podería enfrontarse aos romanos. Para evitar unha inminente confrontación entre Roma e Cartago, Asdrúbal, xerno de Amílcar Barca e xeneral dos exércitos cartaxineses á morte deste, estableceu un tratado polo cal non se pode estender a influencia cartaxinesa máis aló do norte do río [[Ebro]]. A alianza entre Roma e [[Sagunt - Sagunto|Sagunto]], asinada posteriormente ao tratado, vulneraba este tratado debido a estar a cidade na órbita de influencia cartaxinesa. Esa é a razón pola que Aníbal atacou [[Sagunt - Sagunto|Sagunto]] no ano [[-219|219 a.C.]], provocando o estalido da contenda.
Liña 38:
 
== Regreso a Cartago ==
Coa perda de Tarentum en [[-209|209 a.C.]] e a gradual reconquista romana, a súa posición no sur de Italia estaba perdida. En [[-207|207 a.C.]], Aníbal volveu sobre [[Apulia]], onde quería concentrar as súas forzas en espera da chegada do seu irmán [[Asdrúbal Barca|Asdrúbal]] para lanzarse sobre Roma. Pero o seu irmán, aínda que logrou entrar en Italia, foi derrotado, falecendo no combate. Decatado, Aníbal repregouse nas montañas a esperar reforzos; con todo, o resultado da guerra, estendida xa por [[España]] e [[Sicilia]], foise tornando favorable aos romanos. O novo cónsul [[Publio Cornelio Escipión o Africano|Publio Cornelio Escipión]], que conseguiu someter [[Sicilia]] e posteriormente [[Hispania]], decidiu trasladar a guerra a [[África]] para afastar aos cartaxineses de Roma. Cartago, véndose en perigo chamou a Aníbal que acudiu, non sen antes saquear polo camiño o tesouro público de moitas cidades, dando así renda solta á súa ira por ter que abandonar a loita que durante 16 anos mantivera en terra allea sen lograr o seu propósito.
 
Unha vez en [[Cartago]], consciente do perigo que axexaba a cidade, refugou do enfrontamento malia as críticas do Consello e reuniuse co xeneral [[Publio Cornelio Escipión o Africano|Escipión]] na cidade de [[Zama]], 160 km ao sur de Cartago, para negociar a paz, pero ante a falta de acordo, os xenerais retiráronse aos seus campamentos. Pouco despois, no campo de batalla próximo á citada cidade, o exército cartaxinés caeu derrotado pola gran superioridade da cabalería romana [[-202|202 a.C.]]. Trala derrota, o Consello, por iniciativa de Aníbal, enviou embaixadores para que aceptasen o convenio de paz ofrecido por Roma, co que finalizaba a [[Segunda Guerra Púnica]].