Pedra de Rosetta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 5:
É unha peza de [[granito]] negro, cunha inscrición bilingüe ([[lingua grega|grego]] e [[lingua exipcia|exipcio]]) dun [[decreto]] de [[Ptolomeo V]], en tres formas de escrita: xeroglífica, [[demótico exipcio|demótica]] e [[uncial|grego uncial]] (grego en letras maiúsculas), de algo máis dun metro de longo, de 72 centímetros de ancho e 27 centímetros de grosor. Pesa 548 quilos.
 
d== Historia ==
[[Ficheiro:Pierre_de_Rosette.jpg|thumb|esquerda|150px|Fotografía tomada no Museo Británico]]
Foi descuberta o [[15 de xullo]] de [[1799]] no pobo exipcio do [[delta do Nilo]] denominado [[Rashid]], chamado polos franceses '''Rosetta''', polo capitán francés ''Pierre-François Bouchard'' cando as tropas capitaneadas por [[Napoleón Bonaparte]] atopábanse realizando a que se converteu nunha célebre exploración das terras de [[Exipto]].
 
A pedra ía ser transportada a [[Francia]] polos membros do Instituto de Exipto, pero os exércitos Ingleses, que desembarcaron na primavera de [[1801]], a confiscaron a pesares das protestas de [[Étienne Geoffroy Saint-Hilaire]] ante o xeneral britanico Hutchinson. A pedra de Rosetta exhíbese no [[Museo Británico]], en [[Londres]], desde [[1802]]. Ao carón da pedra leva unha inscrición con pintura branca, di ''CaptureCaptured in Egypt by the British army'' (capturada en Exipto polo exército británico)
 
Só unha vez a pedra foi trasladada do Museo Británico, sucedeu no ano [[1972]], con ocasión do cento cincuenta aniversario do desciframiento dos xeroglifos, foi exposta no [[Museo do Louvre]] por algunhas semanas.