Kiya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Atención|data=xaneiro de 2008|Revisar transcricións.}}
{{Sen referencias}}
'''Kiya''' foi unha esposa secundaria do faraón [[Akhenatón]], da [[dinastía XVIII]] (cara ao 1330 adC). A súa existencia foi unha sorpresa para os expertos na época de Akhenatón, pois parecía saír á luz unha ''rival'' para a soada e fermosa raíña [[Nefertiti]]. Sábense moi poucas cousas acerca de Kiya, e só poden facerse conxecturas.
[[Ficheiro:KV55-CanopicJar-AmarnaQueen-CloseUp MetropolitanMuseum.png|thumb|right|250px|[[Vaso canopo]] de Kiya, usurpado despois por [[Akhenatón]] ou [[Semenejkara]]. MMNY]]
Liña 10 ⟶ 11:
 
Aínda que antes se adoitaba pensar en que Nefertiti era a princesa Taduhepa, a aparición de Kiya desviou as hipóteses e actualmente adóitase pensar máis en Nefertiti como a filla de Ay, e na propia Kiya como a mitannia reconvertida en esposa do rei cun nome cariñoso exipcio. Aínda así, non hai ningún dato que afirme tal teoría, e as figuras de Nefertiti, Kiya e Taduhepa séguense confundindo, para frustración de exiptólogos e afeccionados.
 
==Quen foi?==
Nun primeiro momento, pensouse que a única muller importante na vida de Akhenatón foi a ''Grande Esposa Real Nefertiti'', a súa única compañeira na súa experiencia relixiosa e a nai das súas seis fillas. Pero isto parece ser incerto, como así demostra a existencia de Kiya e os títulos que portou.
Liña 16 ⟶ 18:
 
Porén, a pesar do sorprendente destes títulos, que parecen demostrar unha relación afectiva con Akhenatón, hai que remarcar que Kiya nunca portou o cargo de grande esposa real que si ostentou Nefertiti, o seu gran rival. A bela raíña contaba con dereitos xamais vistos antes nunha grande esposa real: era representada co mesmo tamaño que o seu marido, conducía o seu propio carro, compartía audiencias, e, xuntos, a parella real formaba o núcleo da nova relixión atoniana. Kiya tivo que contentarse cun segundo posto.
 
==Como era?==
Chegáronnos moi poucos restos documentais nos que aparece Kiya. Con todo, así como Akhenatón adoita aparecer tocado coa coroa azul e Nefertiti coa famosa cofia que a caracteriza, tamén Kiya ten un sinal identificativo clara que nos permitiu descubrila nalgunhas representacións.
 
Esta muller, de notable beleza, adoita ir tocada sempre cunha perruca "a escala" e dous grandes pendentes con forma circular. As pegadas máis fermosas que deixou Kiya son os seus [[vasos canopos]], achados na Tumba 55 do [[Val dos Reis]] (a [[KV 55]]), que serían finalmente utilizados pola momia de home achada alí, quizais o propio Akhenatón. Nestes vasos compróbase un sorprendente parecido entre a favorita do rei e o neno Tutanjatón.
 
==Tivo fillos?==
==Fillos==
É ben coñecido que Nefertiti só tivo fillas, e que o sucesor de Akhenatón, o rei-neno [[Tutankhamón]] debeu de ser ou o fillo ou se cadra o irmán do faraón. Ao confirmarse a existencia de Kiya, parecía aberta a posibilidade de que Tutanjamón fose o neno nado dela e de Akhenatón, tendencia que vai gañando moitos adeptos e que na actualidade parece ser a máis sólida. Isto viría reforzado polo parecido físico de nai e fillo, e as semellanzas xenéticas achadas nas momias de Tutanjamón e do corpo da Tumba 55.
 
Liña 26 ⟶ 30:
 
Que fose Kiya e non Nefertiti quen trouxese a luz a un home tivo que ser a principal causa da subido ao poder de Kiya á sombra da parella real, e quizais deses motivos máis que suficientes á grande esposa real gardaba certa envexa á que podería considerar a súa rival. Talvez unha rivalidade entre as dúas mulleres de Akhenatón fose a causa da desaparición súbita e imprevista de ambas as dúas durante o crítico ano 14 do reinado, sen deixaren pegada ningunha.
 
==Que foi dela?==
Como se mencionou antes, a pista de Nefertiti e de Kiya esvaécese tras o ano 14 de Akhenatón sobre o trono. É realmente frustrante ver como a partir desta data a nutrida familia real acaba en tres anos reducida a Akhenatón, a terceira das súas fillas e Tutanjatón. Todos os demais, van desaparecendo sen un motivo claro.
Liña 34 ⟶ 39:
 
Mais, ¿por que non foi Kiya convertida en grande esposa real, se Nefertiti era convertida en correxente? A razón podería ser que, se non morreu por entón, quizais foi Kiya a muller que caeu en desgraza e cuxos restos foron usurpados por Meritatón. Mentes novelescas pensaron nun complot urdido pola celosa raíña Nefertiti, que conseguiron acabar coa súa rival e, ademais, convertela en raíña-faraón. Como é lóxico, nada disto é histórico, e a inmensidade de lagoas neste período deixan aberta calquera posibilidade.
 
==Onde está a súa tumba?==
==Tumba==
Ignoramos onde pensaba nun principio enterrar a Kiya cando lle chegase a morte. Se morreu antes que Akhenatón, quizais o seu corpo repousou durante un tempo na tumba real de Ajetatón, xunto aos corpos de Meketatón e da raíña nai Tiy, para ser máis tarde trasladado a [[Tebas, Exipto|Tebas]]. Talvez fosen postos a salvo de saqueadores e dos inimigos de Akhenatón polo seu presunto fillo, o faraón Tutankhamón, nunha tumba no Val dos Reis.
 
Liña 41 ⟶ 47:
==Véxase tamén==
*[[As Raíñas de Amarna]].
 
[[Categoría:Antigo Exipto]]
[[Categoría: Dinastía XVIII]]
[[Categoría:Grandes Esposas Reais]]