Historia de Iacarta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Atención|data=maio de 2007|}}
'''[[Iacarta]]''' comezou como un pequeno porto na beira dun monte ao lado do río Ciliwung no século XV. Hai constancia dun asentamento hindú coma porto na desembocadura do [[río Ciliwung]] dende os séculos IV-V : ''Sunda Kelapa''. En concreto, no [[450]], o rei Purnawarman de Tarumanagara fai construír un canal de dez km ata o mar. Entre os séculos XII e XIV alcanza o seu florecemento sendo o maior porto do reino hinduísta de Papajaran (capital na actual [[Bogor]]).
 
Liña 5:
Entre [[1513]] e [[1522]] os portugueses arriban á zona e conseguen a concesión dun posto comercial con fortín, na procura de aliados por parte dos hinduístas fronte á ameaza do reino islámico veciño. Pero todo foi en balde : no [[1527]], o príncipe Fatahillah de Banten conquista Kelapa e a renomea ''Jayakarta'' ("gloriosa vitoria"). Asentada no lado oeste do río posuía o característico centro ritual ou alun-alun das vilas xavanesas co palacio do rei ou ''dalem'' no seu lado sur ao que os musulmáns engaden a mesquita no costado oeste. A superficie encercada sería dunhas 30 Ha.
[[Ficheiro:Wapen-Batavia.jpg|thumb|Escudo de armas das [[Indias Orientais Neerlandesas]].]]
 
Dende [[1596]] os [[Provincias Unidas|holandeses]] frecuentan a cidade e será en [[1610]] cando obteñan do príncipe Jayawikarta unha concesión na beira leste do río, xusto na súa desembocadura. Alí constrúen almacéns protexidos por un forte <ref>[http://www.leidenuniv.nl/fsw/nas/images/d6.gif]</ref>. Para compensar, no 1615 os británicos conseguen o mesmo dereito na beira oposta. Os conflitos no tardan en aparecer e de resultas deles, os holandeses sairán triunfantes. En 1619 destrúen Jayakarta (ou Jacatra) e na celebración da vitoria deciden nomear a súa concesión da beira dereita '''[[Batavia]]''' (polos [[Bátavos]], tribo xermánica ancestro dos poboadores dos [[Países Baixos]]).
[[Ficheiro:Andries Beeckman - The Castle of Batavia.jpg|thumb|Castelo de Batavia cara 1656.]]
De inmediato, Jan Pieterszoon da [[Compañía Holandesa das Indias Orientais]] encarga ao enxeñeiro Simon Stevin o plano dunha nova cidade. Fronte ao solar baleiro de Jayakarta na outra beira do río <ref>[http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/ef/Andries_Beeckman_-_The_Castle_of_Batavia.jpg]</ref> e segundo o modelo da metrópole, [[Amsterdam]] : unha urbe articulada mediante canais (waterstad), con parcelas alongadas e estreitos lotes entre medianeiras <ref>[http://www.engelfriet.net/Aad/NedIndie/1672batavia.jpg][http://www.ulib.niu.edu/rbsc/batavia1629.jpg]</ref>. Na segunda metade do século, o modelo duplícase ocupando o descampado de Jayakarta na outra beira. O total encercado aproxímase as 100 Ha <ref>[http://www.flc.kyushu-u.ac.jp/~michel/serv/eujap/voc/batavia/pics/batavia_1681_mx.jpg]</ref>.
 
O século dezaoito non supón ningún engadido a máis dunha liña de defensas arredor da cidade. Dentro, Batavia ou Kota coma era coñecida, o centro administrativo e comercial ; distritos de chineses e árabes, kampungs (poboados con plantacións de azucre e cocoteros) de nativos xavaneses, e propiedades de ricos hacendados holandeses (landhuizen, unha delas será o orixenorixe da actual Depok, no sur de Iacarta) <ref>[http://www.ra.se/KRA/bilder/0406/09/038_002.jpg][http://images.statelibrary.tas.gov.au/tasimg/may1999/normal/AUTAS001125644724.jpg]</ref>.
 
== Unha capital ==
Nos comezos do século XIX, trala liquidación da [[Compañía Holandesa das Indias Orientais]], prodúcese un novo pulo ao desenvolvemento urbano. Os problemas de salubridade da cidade aconsellaban unha nova localización para o centro administrativo da colonia. Elíxese un lugar máis elevado, Weltevreden, 5 km ao sur e entre 1800-35 levántase un novo centro urbano arredor de dúas grandes prazas, a maior, Koningsplein, dunhas 100Ha (a actual Medan Merdeka). Planifícase de maneira espazosa, para europeos pero adaptada as condicións tropicais. Dominan a tipoloxía de vila con xardín e as oficinas gobernamentais.
Liña 19 ⟶ 21:
 
Coma capital da [[Indonesia|República de Indonesia]], [[Iacarta]] seguiu a crecer descontroladamente ata converterse nuhna das maiores cidades do mundo <ref>[http://cache.eb.com/eb/image?id=70817&rendTypeId=4]</ref>, mantendo polo menos un centro de referencia, o alun-alun do país na Medan Merdeka ou Monas, polo monumento conmemorativo alí erixido<ref>[http://www.budpar.go.id/imgdata/_cache/_w500h375_paper-gallery-img824_monas1152x864.jpg]</ref>.
 
== Notas ==
{{listaref|64}}
 
== Véxase tamén ==