Carbonífero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: als:Karbon
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 26:
 
==Características==
Este período transcorreu entre hai uns 361 e 290 millóns de anos. No carbonífero os [[dinosauro]]s, os [[mamífero]]s e as [[aves]] aínda non existían. As [[planta]]s que evitaban a terra eran grandes ''equisetos'', antigos parentes de pequenas plantas como os fentos de hoxe en día. Neste período formáronse numerosos [[Delta fluvial|delta]]s, especialmente en Europa e en América. As vastas cordilleiras que formaran durante o [[Devónico]] comezan a desgastarse pola acción do vento e da chuvia. As [[rocha]]s eran trituradas ata formar unha area fina chamada [[limo]], que se acumulaba cando a auga que as transportaba chegaba ó [[mar]]. Esta terra húmida e pantanosa atopábanse en tupidas [[selva]]s.
 
Este intervalo de tempo coñécese tamén como a '''[[Anfibios|era dos anfibios]]''', pois as condicións eran as axeitadas para eles. Había moita auga onde podían desovar, pero non podían poñer os ovos no medio terrestre. Ó desenrolar as criaturas [[Ovo (bioloxía)|ovos]] con [[casca]] solucionouse o problema anterior do desove exclusivo no medio acuático, que permitiu nacer en terra as crías. Foi cando no carbonífero apareceron os primeiros [[réptiles]] a partir dun grupo de anfibios e con eles levouse a cabo a definitiva conquista do medio terrestre. A partir deste momento comeza o '''[[Dinosauro|auxe dos dinosauros]]'''. O carbonífero'' contemplou a evolución dos primeiros réptiles, antepasados tanto dos dinosauros como dos mamíferos. Outros animais máis pequenos vivían tamén no solo do bosque; estes animais pequenos parecíanse moito ás lagartas.
Liña 38:
O '''Crassigyrinus''' viviu a principios do Carbonífero en [[Europa]], concretamente en [[Escocia]], e media 2 metros de lonxitude. Era un ser de aspecto estraño, incluso para un anfibio primitivo. Tiña o corpo alargado, similar ó de un peixe, cunha larga cola e [[extremidade]]s diminutas. A [[cabeza]] medía uns 30cm de lonxitude e as [[mandíbula]]s repletas de [[dente]]s, que se abrían enormemente. Os [[ollo]]s eran especialmente grandes e estaban situados moi xuntos un do outro. Estas desusadas características indican que había perdido o uso das súas extremidades e que volvera á vida na auga. Os seus dentes son os de un comedor de peixes e o seu hidrodinámico corpo fai pensar que era un veloz [[depredador]]. O tamaño dos seus ollos podía indicar que [[cinexética|caza]]ba en augas escuras e cargadas de sedimentos dos pantanos do Carbonífero,nadando como unha [[anguía]] entre e abundante vexetación.
 
O '''Greererpetón''' viviu a principios do ''Carbonífero'' en [[América do Norte]] e media 1,5 metros de lonxitude. A forma do seu corpo era ideal para os desprazamentos na auga, con sinuosas ondulacións ó estilo das anguías. A cabeza baixa e achatada, de uns 18cm de lonxitude, repousaba sobre un pescozo breve, conectado a un [[corpo]] sumamente alargado (con arredor de 40 vértebras dorsais) e terminando nunha larga aleta caudal. As [[pata]]s eran cortascurtas, cada unha con cinco [[dedo]]s que lle servían para manobrar e frea na auga. Os sucos abertos ós lados do [[cranio]] constitúen un legado dos seus antepasados. Estes sucos marcan a posición, na vida do animal, da [[liña lateral]] sensorial capaz de detectar as vibracións transmitidas pola auga. A estrutura do [[oído]] deste habitante da auga estaba pouco desenrolada, a diferenza da que se observaba na dos anfibios terrestres.
 
[[Categoría:Escala de tempo xeolóxico]]