Portland, Oregón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TjBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: en:Portland, Oregon
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 2:
'''Portland''' é a maior cidade do estado de [[Oregón - Oregon|Oregón]] no noroeste dos [[Estados Unidos]]. A ourelas do río Willamette na súa confluencia co [[Columbia]], é un importante porto fluvial, centro comercial, industrial e de servizos. Conta cunha pobación de seu de 583.776 habitantes (censo de 2010) cunha área metropolitana de máis de dous millóns.
 
En terras ocupadas por séculos polos indios chinook e coñecida dos colonos, comerciantes e trampeiros brancos dende 1829 coma ''The Clearing'' (unha pequena parada na ruta do noroeste pola costa) foi fundada entre 1843 e 1845 polos pioneiros W. Overton, A. Lovejoy e F.W. Pettygrove, ésteEste último natural de [[Portland, Maine|Portland]] no outro extremo do país, [[Maine, Estados Unidos de América|Maine]], e por quen foi nomeada.
 
Creceu coma centro de fornecemento dos buscadores de ouro durante as febres de [[California]] (1850) e [[Alasca - Alaska|Alaska]] (1890). O ferrocarril transcontinental, que a partires de 1880 a conectaba co leste dos Estados Unidos, favoreceu a súa industrialización.
 
==Véxase tamén==
{{Commonscat}}