Xeografía da Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: vi:Địa lý Hy Lạp
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 7:
 
== Grecia central ==
Ao sur daquela liña imaxinaria esténdese a '''Grecia Central''', cun relevo e un litoral moi recortados. Fronte ás súas costas atópanse as illas de [[Léucade]], [[Ítaca]], [[Cefalonia]], [[Zacinto]] e outras mais cativas. En xeral as terras son moi pobres, cun interior de [[clima continental]] bastante extremo. As comunicacións son difíciles polo abrupto do terreo. Aquí sitúase o [[monte Parnaso]], de case 2.500 m. A rexión da [[Ática]], onde se atopa [[Atenas]], é moi variada, xa que é ao mesmo tempo continental e marítima, montañosa e chá. Esa variedade traduciuse na Antigüidade nunha riqueza de recursos que pulou a expansión dos atenienses. Nas súas terras chás ([[Maratón, Grecia|Maratón]], [[Eleusis]], Val de [[Cefiso]]) medraban o [[trigo]], a [[vide]] e o [[oliveira]] (a famosa triloxía mediterránea) e as súas montañas pechaban reservas minerais como no [[monte Pentélico]] con [[mármore]] o no [[Laurión]] con [[chumbo]] [[arxentífero]]. Os portos naturais achegaban o comercio exterior. En xeral, a fachada exea é fría no inverno e cálida no verán.
 
== Península do Peloponeso ==