Tréveris: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 30:
 
=== Hauptmarkt ===
A praza do mercado de Trier, do [[século X]], é sen dúbida unha das máis interesantes da [[Alemaña]]. A Marktkreuz ([[cruz]] do mercado), da mesma época simboliza o dereito de ser sede de [[feiras]] conquistado pola cidade. Hoxe xa é unha copia do cruceiro orixinal asentado sobre unha columna [[Imperio Romano|romana]] de granito, con relevo de [[Año de Deus]]. No sueste da praza fica a Petrusbrunnen (fonte de [[Pedro, papa|San Pedro]]), de [[1595]], con esculturas de [[Pedro, papa|San Pedro]] e das Catro Virtudes.
 
No suroeste fica a Steipe erguida no [[século XV]] orixinalmente usada polos conselleiros da cidade como casa de hóspedes e sala de banquetes. Ao lado fica a Rotes Haus (casa vermella) en [[estilo barroco]], feita en [[1683]]. A Löwenapotheke, do [[século XIII]], situada nunha construción do [[século XVII]] no sueste da praza, é a [[farmacia]] máis antiga da [[Alemaña]].