Nicolas Malebranche: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: lv:Nikolā Malbranšs
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 16:
 
==Filosofía==
En [[1664]], a lectura de [[Descartes]] deixouno tan entusiasmado que resolveu dedicarse ao estudo da [[filosofía]]. Sen embargo, algúns comentaristas cren que ese interese pola filosofía derivaría dos seus estudos sobre a filosofía dominante no Oratorio (a de [[Agostiño de Hipona|Santo Agostiño]]).
 
Malebranche pretendeu facer unha síntese do [[René Descartes|cartesianismo]] e o [[Santo Agostiño de Hipona|agostiñismo]], que resolveu nunha doutrina persoal, o [[ocasionalismo]], segundo a cal [[Deus]] constituiría a única causa verdadeira, sendo todas as demais "causas ocasionais". Por iso, o coñecemento non se debería á interacción cos obxectos, senón que as cosas serían "vistas en Deus".
 
A súa principal obra é ''De la recherche de la vérité'' (Da procura da verdade), onde trata da natureza do espírito humano e do que o home debe facer para evitar o erro nas ciencias. Foi publicada e tres volumes, o primeiro en [[1674]] e os outros dous en [[1675]]. Esta obra foi amplamente aumentada posteriormente ante as numerosas críticas dos seus coetáneos.
Liña 40:
 
A obra de Malebranche influíu no pensamento de, entre outros, [[Gottfried Wilhelm Leibniz|Leibniz]], [[David Hume|Hume]] e [[Jean-Jacques Rousseau|J.-J. Rousseau]].
 
==Outras obras==
* ''Tratado da natureza e da graza'' ([[1680]]).