Rosáceas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
m Lameiro moveu a páxina "Rosaceae" a "Rosáceas": Nome común
m Rosa (flor)
Liña 19:
'''''Rosaceae''''', é unha [[familia (bioloxía)|familia]] de [[planta]]s (e árbores) da [[orde (bioloxía)|orde]] ''[[Rosales]]''.
 
É unha das familias máis importantes, por número de [[especie]]s (case 3000), a súa importancia económica, e a súa ampla distribución (cosmopolita). A familia ''Rosaceae'' inclúe a maior parte das especies de [[froita]]s de consumo masivo: [[mazá]], [[pera]], [[marmelo]], [[pexego]], [[ameixa (froito)|ameixa]], [[cereixa]], [[amorodo]], [[améndoa]], [[amora]], [[framboesa]], etc. Tamén inclúe moitas especies ornamentais, principalmente, as [[Rosa (flor)|rosa]]s, [[flor]]es por excelencia, con importancia para a [[xardinaría]] e a industria de [[perfumaría]].
 
A familia das rosáceas é grande, cuns 100 [[Xénero (bioloxía)|xéneros]], nos que se reparten ao redor de 3000 especies, cuxa distribución é case mundial, orixinarias sobre todo das rexións tépedas e subtropicais do [[Hemisferio norte|hemisferio boreal]]. Os xéneros máis numerosos son: ''Potentilla'' (300 especies), ''Prunus'' (200), ''Rosa'' (100) e ''Spiraea'' (100).