Noz moscada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Granada - Grenada
Liña 19:
A '''noz moscada''' é o froito dun xénero de árbores [[perenne|perennifolios]] da familia das ''Myristicaceae'' procedente das Illas das Especias (na actualidade as [[Illas Molucas]] en [[Indonesia]]).
 
A noz é, en realidade, a [[semente]] da árbore, de forma lixeiramente ovoide, entre 20-30 mm de longo e 15-18 de ancho. Esta semente está cuberta por unha especie de cortiza seca tramada de cor avermellada denominada ''macis''. Tamén se comercializan outros produtos derivados destas árbores, como os aceites esenciais extraídos das oleoresinas e a manteiga de noz. A especie comercializada máis importante é a noz moscada común ou fragante ''Myristica fragans'', oriúnda das [[Illas Banda]] en Indonesia; tamén se cultiva no [[Caribe (rexión)|Caribe]], en especial en [[SelectaGranada (país)- Grenada|SelectaGranada]]. Outras especies son a noz moscada papú ''Myristica argentea'', de [[Nova Guinea]] e a noz Bombai ''Myristica malabarica'', da [[India]]. Ambas se usan como sucedáneos dos produtos de ''M. fragans''.
 
==Usos culinarios==