Salinidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 9:
O térmo técnico de salinidade no océano é halinidade, xa que realmente halinos—cloro é o anión máis abundante no mix de elementos disoltos. En oceanografía, foi tradicional expresar a halinidade, non en porcentaxe, senón en partes por mil (ppt o ‰), que é aproximadamente gramos de sal por litro de solución: g/L. Antes de 1978, a salinidade ou halinidade se expresaba como ‰, basándose na relación de [[conductividade eléctrica]] da mostra de "auga de Copenhage" (un medio acuoso "auga de mar" artificial, feito para servir como "estándar". En 1978, os oceanógrafos redefinen a salinidade en Unidades Prácticas de Salinidade (psu): relación de conductividade dunha mostra de auga de mar cunha solución estándar de KCl. Como as relacións non teñen unidades, pero non é o caso aquí xa que 35 psu exactamente equivale a 35 g de sal por L de solución.
 
Aínda que parecera esotérico e escura esta maneira de medir concentracións, é moi práctica; pero será preciso lembrar que a salinidade é a suma en peso de moitos e diferentes elementos dentro dun [[Volume (física)|volume]] dado de auga. Unha determinación precisa de salinidade non só como concentración de [[soluto]]s, é coñecer a cantidade de cada substancia (como por ex., o cloruro de sodio) que require de química analítica, frente a unha simple determinación de peso do residuo seco logo de [[Evaporación|evaporar]] a mostra (un método de determinar "salinidade"). O volume é influenciado pola [[temperatura]] da agua; e a composición das sales non é constante (aínda que é moi semellante, en capas semellantes, nos océanos). As augas salinas dos [[mar]]es interiores poden ter unha composición diferente da dos océanos. Por esta razón, estas augas son denominadas salinas, diferenciándose das oceánicas, onde se aplica o térmo halina.
 
Sistemas de clasificación de corpos de auga basados na salinidade