José Leite de Vasconcelos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Aos dazoito anos foi para o [[Porto, Portugal|Porto]] a continuar os seus estudos, licenciándose en Ciencias Naturais ([[1881]]) e, en [[1886]], en Medicina, na Escola Médico-Cirúrxica, mais só exerceu o oficio por un ano, en [[1887]], no [[Cadaval]].
 
A súa tese de licenciatura, ''Evolução da linguagem'' (1886), demostraba xa o seu grande interese polas letras, que por fin virían ocupar toda a súa longa vida. As ciencias naturais deixáranlle o estilo investigador rigoroso e exaustivo, xa fose na filoloxía, na [[arqueoloxía]] ou na [[etnografía]], disciplinas en que acabaría por tornarse unha referencia internacional.