Colleita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nova páxina: "thumb|300px|A colleita tense realizado a man ao longo da historia humana. [[Imaxe:Harvest Straw Bales in Schleswig-Holstein.jpg|thumb|300..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de maio de 2012 ás 10:34

A colleita é o conxunto dos produtos do agro, ou dun produto en particular, que se recollen ao chegar a época, normalmente unha vez ao ano. Por extensión, tamén se denomina colleita á operación e ao tempo de recolectar eses froitos, sementes ou hortalizas maduras dos campos. A colleita marca o final do crecemento dunha estación, xeira ou a fin do ciclo dun froito ou cultivo en particular. O termo colleitar no seu uso xeral inclúe tamén as accións posteriores á recolección do froito propiamente dita, tales como a limpeza, clasificación e embalado do recolectado até a súa almacenaxe na granxa (no celeiro ou hórreo), ou o seu envío ao mercado de venda a por xunto ou ao consumidor.

A colleita tense realizado a man ao longo da historia humana.
Fardo ou bala de feno nun campo de Schleswig-Holstein, Alemaña.

A sincronización de plantación e recolleita é unha decisión crítica, que depende do equilibrio entre as posíbeis condicións atmosféricas e o grao de madureza da colleita. As condicións atmosféricas como as xeadas ou períodos fríos e quentes fóra de tempada poden afectar a produción e calidade. Colleitar cedo pode evitar as condicións prexudiciais amis dar lugar a unha produción máis pobre en cantidade e calidade. A colleita serodia pode redundar nunha maior cantidade e calidade, pola contra fai máis probábel a exposición a condicións climatolóxicas non desexadas. Atinar coa data ideal da colleita ten a súa parte de xogo de azar.

Nas granxas máis cativas onde a mecanización é mínima, na recolleita, o traballo manual é máis intenso durante a época de recolección. Nas granxas grandes e mecanizadas é nesta época cando se emprega a maquinaria máis pesada e sofisticada coma a colleitadora.

Véxase tamén

Ligazóns externas