Diferenzas entre revisións de «Astiaxes»

m
sen resumo de edición
m (r2.7.1) (Bot: Engado: eo:Astjago)
mSem resumo de edição
A maior información acerca de '''Astiaxes''' (en [[lingua acadia|acadio]] ''Ištum egu'') proporciónaa o historiador [[Grecia|grego]] [[Heródoto de Halicarnaso]], quen viviu no [[século -V]], cen anos despois do reinado de Astiaxes. Porén, é practicamente a nosa única fonte, e é inevitábel seguilo e tratar de verificalo cando for posíbel.
 
Non hai razón para dubidar de Heródoto cando afirma que Astiaxes era o fillo do rei medo [[Ciaxares]]. Sabemos por un texto [[cuneiforme]] que o último aínda reinaba no [[-614]], cando destruíu o centro relixioso [[Asiria|asirio]]: [[Assur]]. Ciaxares aínda vivía no verán do [[-585]], cando asinou un tratado de paz cos [[Lidia|lidios]], con quen estivera loitando durante cinco anos. Celebrouse entón un matrimonio diplomático para selar o acordo: Arienis, filla do rei lidio [[Aliates]] e irmá do futuro rei [[Creso]], casou co príncipe da coroa meda Astiaxes.
 
Arienis non era a primeira esposa de Astiaxes. A súa filla [[Mandane]] estaba casada co rei persa [[Cambises I]], rei de [[Anshan]] e [[Susa]], desde antes do [[-576]], cando o futuro rei Ciro II o Grande naceu, polo que Mandane tivo que nacer antes, digamos sobre o [[-590]]. Parece pois inevitábel asumir que Astiaxes tiña outra muller.
19.853

edicións