Uruk: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma grego > lingua grega
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 14:
[[Oppenheim]] afirma que, "En Uruk, na zona sur da Mesopotamia, a civilización sumeria parece que alcanzou a súa cúspide creativa. Isto aparece repetidas veces nas referencias a esta cidade en textos relixiosos e especialmente en textos literarios, incluíndo aqueles de contido mitolóxico; a tradición histórica preservada na lista de reis Sumerios confírmao. O centro do poder político desprazouse posteriormente de Uruk a [[Ur]]."
 
Segundo a Biblia ([[Xénese]] 10:10), [[Erech]], probablemente Uruk, foi a segunda cidade fundada por [[Nemrod|Nimrod]]. Parece que tamén foi o fogar dos [[Archavitas]], exiliados por [[Asnapper]] a [[Samaria]] ([[Ezra]] 4:9-10). Os sitios mencionados en Ezra atópanse todos na zona sur da [[Mesopotamia]], e parecería que Asnapper podería ser o rei [[Asiria|Asirio]] [[Asurbanipal]], quen levou a cabo a campaña contra estes Babilonios do sur.
 
A primeira escavación de Uruk realizouna un equipo alemán guiado por [[Julius Jordan]] antes da [[Primeira Guerra Mundial]]. Esta expedición regresou en 1928 e fixo escavacións posteriores ata 1939. En 1954 regresou baixo a dirección de H. Lenzen e realizáronse escavacións sistemáticas nos anos seguintes. Estas escavacións deron con algúns dos documentos sumerios máis antigos e unha gran cantidade de tabelas legais do período [[Imperio Seléucida|seléucida]], publicadas posteriormente por Adam Falkenstein e outros epigrafistas alemáns.