Tréveris: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 9:
 
== Historia ==
Segundo unha lenda foi [[Trebata]] (ou Trebeta), fillo de [[Ninus]], rei dos [[Asiria|asirios]] o fundador da cidade preto de 1300 anos antes da fundación de [[Roma]] pero segundo os datos máis recoñecidos desde o punto de vista historiográfico sería fundada no ano [[-16|16 ane]] por Augusto co nome de ''Augusta Treverorum''.
 
Chegou a ser coñecida como a segunda [[Roma]] debido á súa importancia nas fins do [[Imperio Romano de Occidente]]. Proba disto é que foi nomeada no [[275]] capital dos [[Alemanni]] e de [[293]] até [[395]] residencia do [[Imperio Romano de Occidente|emperador romano de occidente]]. Baixo o reino de [[Constantino I]] (306-324) a cidade foi ampliada e foron construídas a basílica de Constantino e as termas imperiais.
Liña 17:
No ano 386 Prisciliano, o herexiarca galego, foi desterrado e xulgado en Tréveris, e mediante decreto do emperador [[Magno Clemente Máximo]] foi condenado a morte por bruxería e herexía e decapitado e guindado da [[Porta Nigra]] (segundo conta a tradición), xunto con catro dos seus discípulos. O primeiro axustizado por herexía do cristianismo.
 
Desde os séculos XII ou XIII até a [[Revolución Francesa]], o arcebispo de Tréveris era un dos principais electores do Imperio Xermánico. Durante a [[Guerra dos Trinta Anos]], Tréveris foi conquistada en dúas ocasións, polos españois no ano [[1634]] e polos franceses no ano [[1645]]. Tropas francesas ocuparon a cidade tamén en [[1674]], [[1688]] e, máis prolongadamente, en [[1794]]. No ano [[1801]] foi conquistada por Francia, converténdose en capital do departamento francés de ''[[Saarland]]'' . En 1814 foi apresada por [[Prusia]].
 
== Demografía ==