Pompeia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: war:Pompeii
m Venus (deusa)
Liña 7:
A cidade foi fundada no [[Século -VII|século VII adC]] polos Osci, un pobo da [[Italia]] central, nun outeiro cerca da desembocadura do río [[Sarno]], utilizada previamente como porto seguro por navegantes [[Grecia|gregos]] e [[Fenicia|fenicios]]. Cando os [[etrusco]]s supoñían unha ameaza, Pompeia aliouse cos gregos, os cales dominaban a baía de [[Nápoles]]. No [[Século -V|século V a.C.]] os [[Samnita]]s conquistan Pompeia e outras cidades da rexión ([[Campania]]). Os novos gobernantes impuxeron a súa arquitectura e ampliaron a cidade. Crese que durante a dominación samnita, os romanos conquistaron a cidade durante un curto período, pero esas teorías nunca se puideron verificar.
 
Pompeia participou na guerra que as cidades da Campania iniciaron contra [[Roma]], pero no ano [[-89|89 a.C.]] foi asediada por [[Lucio Cornelio Sulla]]. Aínda que as tropas da Liga Social, comandadas por [[Lucio Clementio]] axudaron na resistencia aos romanos, no ano [[-80|80 a.C.]] Pompeia viuse obrigada a aceptar a rendición tras a conquista de [[Nola]]. Tras este episodio converteuse nunha colonia co nome de ''Colonia Cornelia [[Venus (mitoloxíadeusa)|Veneria]] Pompeianorum'''. A cidade converteuse nun importante punto de paso de mercadorías que chegaban por vía marítima e que eran enviadas cara a Roma ou cara o sur de Italia seguindo a próxima [[Via Apia]].
 
No ano [[62]] un terremoto estragou seriamente Pompeia e outras cidades próximas. Durante o período que vai entre ese ano e o ano [[79]], ano da erupción do Vesubio, a cidade foi reconstruída, quizais con maior suntuosidade nos edificios e máis arte que antes.