John Huston: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio Categoría:Directores de cine de Estados Unidos por Categoría:Directores de cine dos Estados Unidos de América
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 6:
Foi un personaxe inquedo, xa que tamén foi boxeador, xornalista, novelista, militar, criador de cabalos, cazador, coleccionista de arte... De feito, na súa adolescencia chegou a ser un campión de boxeo e exerceu como agregado militar estadounidense no exército [[México|mexicano]]. Contraeu o seu primeiro matrimonio á temperá idade de 20 anos. Viviu como pintor na rúa en [[París]] durante unha tempada, traballou como [[actor]] e foi redactor nunha revista neoiorquina.
 
Comezou no cine como [[extra]] nalgunha película, como ''O home de palla'', ''Santos do inferno'' ou ''The Storm''. Grazas ao seu pai, que era actor, foi guionista de varias películas de [[William Wyler]] (''A casa da discordia'' ou ''[[Jezabel]]'') e traballou nunha cantidade impresionante de guións durante os [[anos 1930]] e principios dos [[anos 1940]] (''O sarxento York'', ''O dobre crime de rúa Morgue'', ''O último refuxio'', entre outras). A súa primeira película como director, da que tamén foi guionista, ''[[The Maltese Falcon (1941)|O falcón maltés]]'', segue sendo considerada unha obra mestra da historia do cine, con [[Humphrey Bogart]] como protagonista. As súas seguintes películas importantes tamén estiveron protagonizadas por Bogart: ''[[O tesouro de Serra Madre]]'' e ''[[Cayo Largo]]''.
 
''[[A raíña de África]]'', outra das súas obras mestras, rodada en [[1951]], demostrou ao seu equipo ata onde estaba disposto a chegar para rodar unha película, rodando no [[Congo]], con mosquitos, calor e todo tipo de enfermidades. [[Errol Flynn]] e [[Trevor Howard]] tamén sufriron grandes penalidades durante a rodaxe de ''[[As raíces do ceo]]'' no [[Chad]].
Liña 16:
Tivo ocasión de dirixir ao seu propio pai, o oscarizado actor [[Walter Huston]], en polo menos cinco longametraxes, e tamén dirixiu á súa filla, [[Anjelica Huston]], en ''A honra dos Prizzi'' e en ''Dublineses'', entre outras.
 
Faleceu en Middletown ([[Rhode Island]]) dun enfisema. Pódese afirmar que Huston é un dos grandes directores da historia recente do cine.
 
==Filmografía como director==