Diferenzas entre revisións de «Malinche»

m
sen resumo de edición
m (r2.7.2) (Bot: Engado: en:La Malinche; cambios estética)
m
Naceu quizais na clase alta da sociedade mexica. Segundo Bernal Díaz del Castillo, os pais de Malintzin eran señores e [[Cacique|caciques]] dun pobo chamado "Painala". O historiador Gómez de Orozco supón que o nome do seu pai era o que sinala como "Chimalpain", ou sexa, "Malintzin Tenepal". Este era un cacique nobre señor que casou, segundo o costume, cunha "señora de vasallos e Estados", tamén de nobre orixe, chamada "Cimatl", cacique de Xaltipa, a cal segundo se di era "nova e fermosa".
 
Foi cedida como [[Escravitude|escrava]] aos caciques [[Civilización maia|maia]]s de [[Tabasco]] despois dunha [[guerra]] entre os maias e os [[aztecas]] da zona. Malintzin foi parte dun tributo cedido ao partido gañador, pois esa era a [[tradición]] entón. Foi dada como tributo sendo aínda nena, polo que falaba con fluidez a súa lingua materna, o [[náhuatl]], e a lingua dos seus novos amos, a [[lingua maia|maia]]. Segundo o relato de Díaz del Castillo, Malintzin reencontrouse coa súa nai e o seu medio irmán despois da [[conquista de México]], cando estes xa foran convertidos ao [[cristianismo]] e utilizaban os nomes de Marta (a nai) e Lázaro (medio irmán). O pai de Malintzin faleceu sendo ela aínda nena, polo que a súa nai casou co irmán do pai de Malinche e Lázaro foi froito deste matrimonio.
 
Como tal escrava foi regalada a [[Hernán Cortés]] o [[15 de marzo]] de [[1519]] polos caciques de Tabasco, xunto con outras 19 mulleres, algunhas pezas de [[ouro]] e un xogo de mantas, despois de que Cortés derrotase os tabasqueños na chamada "[[Batalla de Centla]]". Tras bautizala e imporlle o nome de "Marina" foi regalada á súa vez a [[Alonso Hernández Portocarrero]], un dos seus capitáns, Cortés descobre que Malintzin fala náhuatl e empeza a utilizala como intérprete náhuatl-maia, ocupándose Jerónimo de Aguilar ([[Naufraxio|náufrago]] español que estivera cativo e que foi rescatado por Cortés en Cozumel) da tradución maia-español. Así, co uso de tres linguas e dous intérpretes, levaron a cabo todos os contactos entre españois e aztecas, ata que Malintzin aprendeu [[Lingua castelá|castelán]].
19.713

edicións