Vilanova, A Pobra de Trives: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lmbuga (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
 
En Vilanova, no adro da Igrexa, pódese admirar unha [[ara]] [[Roma antiga|romana]] de grandes dimensións, dedicada a [[Xúpiter]], que data do século II. Dita ara está situada fronte á igrexa [[parroquia]]l de Santa María de Vilanova, e datada no s.II d.C. As aras eran altares romanos de carácter conmemorativo e de estrutura cadrada. A de Vilanova está modelada con grecas en tres das súas caras superiores e posúe unha inscrición cuxo desenvolvemento total de lectura sería: "SEVERVS,FLAVINI FIL(IVS) IOVI OP(TIMO) M(AXIMO),V(OTUM) L(IBENS) S(OLVIT) M(ERITO)".
 
Un dos sitios mais chamativos de Vilanova é o souto. E non só polas fogueiras que se fan o día da festa do chourizo. A sua importancia radica na beleza dos seus castiñeiros, pluricentenaios e merecentes dun recoñecemento histórico, cultural e antropolóxico.