Diferenzas entre revisións de «Parede celular»

Non todas as especies de fungos teñen paredes celulares, pero no caso de que as teñan, estas compóñense do [[polisacárido]] [[quitina]], formado por unidades de [[N-acetilglicosamina]], o mesmo glícido que dá dureza aos [[exoesqueleto]]s dos insectos. Teñen o mesmo propósito que as paredes celulares das plantas, dar rixidez ás células para manter a súa forma e previr a lise osmótica. Tamén limita a entrada de moléculas que poden ser tóxicas para o funngo, tales como funxicidas sintéticos ou producidos por plantas. A composición, características e forma da pared celular dos fungos varía durante o seu ciclo de vida e tamén depende das condicións de crecemento.
 
Os [[Oomycetes]] éson un grupo de fungos patógenos [[saprotrofia|saprotróficos]] das plantas que teñen paredes celulares anómalas de celulosa. Ata hai pouco tempo críase que eran fungos, pero datos estruturais e moleculares<ref>[http://www.biologie.uni-hamburg.de/b-online/e33/33.htm Interactions between Plants and Fungi: the Evolution of their Parasitic and Symbiotic Relations], P. v. Sengbusch, accessed 8 December [[2006]]</ref> levaron á súa reclasificación como [[Heterokontophyta]]. Este é un grupo de [[protista]]s que inclúe a [[autótrofo]]s tales como [[alga parda|algas pardas]] e [[diatomea]]s.
 
Tamén os [[dictiostélido]]s, antes clasificados entre os fungos, e similares a amebas, que forman colonias, teñen células con paredes celulósicas nalgunhas partes da súa colonia e nas esporas.<ref name="Raper 1984">Raper, Kenneth B. (1984). ''The Dictyostelids''. Princeton, NJ: Princeton University Press, 99-100. [[Special:Booksources/0691083452|ISBN 0-691-08345-2]].</ref>.
183.811

edicións