Diferenzas entre revisións de «Parede celular»

A parede celular vexetal orixínase durante a [[división celular]], a partir de vesículas que proveñen do [[aparato de Golgi]]. Estas vesículas, cheas dos compoñentes da parede celular, localízanse no [[fragmoplasto]], formado por un conxunto de microtúbulos e vesículas dispostos no centro da célula en división. No '''fragmoplasto''' fusiónanse as vesículas do aparato de Golgi, formando a chamada '''placa celular''' a cal crece desde o centro da célula en división, ata poñerse en contacto coas paredes laterais, orixinando a parede divisoria. Os [[plasmodesmo]]s fórmanse á vez que esta parede.
 
Unha vez formada, a parede celular crece por deposición de capas sucesivas de '''celulosa'''. En cada capa, a orientación das microfibriñasmicrofibrilas de celulosa está guiada polo [[citoesqueleto]] do interior da célula, concretamente polos [[microtúbulo]]s corticais, os cales alinean o complexo encimático responsable da síntese de celulosa, que é a [[celulosa sintase]] da membrana plasmática.
 
O alongamento da célula ocorre no eixe perpendicular ao das microfibriñas da capa de parede que se está depositando, de aí que a síntese da parede e a orientación das microfibiñas de celulosa estea en directa relación co tamaño celular.
176.636

edicións