Diferenzas entre revisións de «Yeah Yeah Yeahs»

m
r2.7.3) (Bot: Engado: tr:Yeah Yeah Yeahs; cambios estética
m (r2.7.1) (Bot: Engado: fa:یه یه یهس)
m (r2.7.3) (Bot: Engado: tr:Yeah Yeah Yeahs; cambios estética)
Os '''Yeah Yeah Yeahs''' son unha banda de [[indie rock]] e [[garage punk]] de [[Nova York]], liderados pola vocalista [[Karen O]]. Os outros membros son [[Brian Chase]] ([[batería (instrumento musical)|batería]]) e [[Nick Zinner]] ([[guitarra]]). A súa música é unha mestura de estilos retro con guitarras punk/rock fortes, sons sintéticos, erráticos e estridentes, ós que se une unha voz melancólica. A banda formouse no ano [[2000]]. Todo iniciouse na forma dun dúo folk entre [[Nick Zinner]] e [[Karen O]], que posteriormente decidiron tomar un novo camiño máis "eléctrico", inspirándose na escena [[avant-punk]] de [[Ohio]]. Despois de que o seu anterior baterista abandonara a banda, Chase uniuse á formación, que permanece inalterada ata hoxe.
 
== Historia ==
[[Karen O]] e [[Brian Chase]] coñecéronse no Oberlin College de [[Ohio]] a finais dos 90, onde Chase era estudante de [[jazz]] no conservatorio. Karen pasouse á New York University, e mentres estaba en [[Nova York]] coñeceu a Zinner nun bar da cidade. Durante ese tempo compartiron un apartamento en [[Manhattan]] con futuros membros da banda [[Metric]]. Os dous formaron un dúo acústico chamado "Unitard", pero querían facer algo eléctrico inspirados pola escena avant-punk de [[Ohio]]. Despois de que o baterista que recrutaran se despedise, Chase uníuse a eles e decidiron formar unha banda punk semellante aos grupo de estudantes de arte que Karen tivera en [[Ohio]].
 
O segunte álbum apareceu en marzo do ano [[2009]] e foi bautizado ''[[It's Blitz!]]''. Inicialmente a súa edición estaba prevista para o [[13 de abril]], pero despois de ser filtrado en internet o [[22 de febreiro]] o selo da banda, Interscope Records, adiantou o lanzamento para reducir o impacto da filtración nas vendas do disco. O álbum foi elexido o segundo mellor do [[2009]] pola revista ''[[Spin]]'' e o terceiro mellor pola ''[[NME]]'', e a canción "Zero" foi considerada a mellor do ano por ambas publicacións.
 
== Discografía ==
=== Álbums de estudio ===
* ''[[Fever to Tell]]'' - [[2003]] (Interscope)
* ''[[Show Your Bones]]'' - [[2006]] (Interscope)
* ''[[It's Blitz!]]'' - [[2009]] (Interscope)
 
=== EPs ===
* ''[[Yeah Yeah Yeahs (EP)|Yeah Yeah Yeahs]]'' - [[2001]]
* ''[[Machine (EP)|Machine]]'' - [[2002]]
* ''[[Is Is]]'' - [[2007]]
 
=== Sinxelos ===
*[[2002]] - "Bang"
*[[2002]] - "Machine"
*[[2006]] - "Cheated Hearts"
 
=== Rarezas e Lados B ===
 
*[[2002]]/[[2003]] - ''Bigger Stronger Faster''
 
=== DVD ===
*[[2004]] - ''[[Tell Me What Rockers to Swallow]]''
 
== Ligazóns externas ==
{{Commonscat|Yeah Yeah Yeahs}}
*[http://www.yeahyeahyeahs.com/ Páxina oficial da banda]
[[sr:Yeah Yeah Yeahs]]
[[sv:Yeah Yeah Yeahs]]
[[tr:Yeah Yeah Yeahs]]
76.447

edicións