Reino de Libia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m homónimos
Liña 23:
Trala derrota italiana na [[Segunda Guerra Mundial]], o goberno italiano entregou Libia as [[Nacións Unidas]] que repartiron o territorio, Fezzan para [[Francia]] e Cirenaica e Tripolitania para o [[Reino Unido]]. O [[21 de novembro]] de [[1949]] a Asamblea Xeral aprobou unha resolución das Nacións Unidas que indicaba que Libia habia de ser un estado independente antes de [[1952]] e así o [[24 de decembro]] de [[1951]] Libia estableceuse como unha monarquía constitucional co rei Idris como monarca.
 
[[Idris de Libia|Idris as-Senussi]], o [[emir]] de Tripolitania e Cirenaica e líder da orden [[Senussi]], foi o representante de Libia nas negociacións da ONU, e o [[24 de decembro]] de [[1951]] declarou a independencia de Libia xunto cos represnentantes das tres provincias formando unha unión á que chamaron ''Reino Unido de Libia'' ofrecendose Idris as-Senussi como monarca. Conforme a Constitución o novo país tiña un goberno federal con tres estados autónomos membros, A Cirenaica, Tripolitania e Fezza. O reino tiña dúas capitais [[Trípoli, Libia - طرابلس|Trípoli]] e [[Bengasi]]. Dous anos despois da súa independencia, o Reino de Libia uníuse á [[Liga Árabe]].
 
Tras obter á independencia. Libia enfrentouse a unha serie de problemas, no país non había escolas e o número de graduados universitarios era moi baixo. Asi mesmo, no país só había tres avogados e nin un só [[médico]], [[enxeñeiro]], [[topografía|topógrafo]] ou [[farmacia|farmacéutico]] libio no reino. Estimase tamén que só 250.000 libios sabian ler e escribir. Por mor disto, o [[Reino Unido]] presentou unha serie de funcionarios para o persoal do goberno.