Ío (lúa): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: zh-yue:木衛一
m left -> esquerda
Liña 87:
Cando a sonda [[Voyager 1]] enviou as primeiras imaxes de Ío en [[1979]], os científicos esperaban atopar numerosos [[Cráter (astronomía)|cráter]]es, proporcionando datos sobre a idade do satélite. Contrariamente ás expectativas, Ío non tiña practicamente cráteres. A lúa ten unha actividade volcánica tan intensa que borrou por completo as sinais de cráteres de impactos pasados na súa superficie. Ademais dos [[volcán]]s, a superficie conta coa presenza de montañas non volcánicas, lagos de [[xofre]] fundido, caldeiras volcánicas de varios quilómetros de profundidade e fluxos extensos de varios centos de quilómetros de longo, compostos por material fluído moi pouco viscoso (posiblemente algún tipo de composto de xofre fundido e silicatos). O xofre e os seus compostos adquiren unha gran variedade de cores, responsables da aparencia superficial do satélite.
 
[[Ficheiro:PIA01129_Interior_of_Io.jpg|thumb|leftesquerda|Interior de Ío.]]
Ío podería ter unha fina [[atmosfera]] composta de dióxido de xofre e algúns outros gases. A diferenza dos demais satélites galileanos, carece case por completo de auga. Isto é debido probablemente a que na formación dos satélites galileanos Xúpiter estaba tan quente que non permitiu condensar os elementos máis volátiles na rexión próxima ao planeta. Aínda así, estes volátiles si puideron condensarse máis lonxe, dando lugar aos demais satélites, que amosan unha importante presenza de [[xeo]].
 
Liña 94:
== Actividade volcánica ==
 
[[Ficheiro:PIA00703.jpg|thumb|100px|leftesquerda|Volcáns de Ío observados pola sonda Galileo.]]
Ío é o corpo do [[Sistema Solar]] con maior actividade volcánica. Os [[volcán]]s de Ío, a diferenza dos terrestres, expulsan [[dióxido de xofre]]. A enerxía necesaria para manter esta actividade volcánica provén da disipación a través de efectos de mareas producidos por [[Xúpiter (planeta)|Xúpiter]], [[Europa (satélite)|Europa]] e [[Ganímedes (satélite)|Ganímedes]], dado que as tres lúas se atopan en resonancia orbital.