Xofre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m left -> esquerda
Liña 68:
 
== Características ==
[[Ficheiro:Large Sulfur Crystal.jpg|thumb|leftesquerda|Cristal de xofre.]]
 
Este [[non-metal]] insípido e inodoro ten unha coloración amarela, mol, fráxil, leve, e desprende un cheiro característico de ovo podre ao mesturarse co [[hidróxeno]]. Arde con chama azulada, formando dióxido de xofre. É insolúbel en [[auga]], porén disólvese en [[disulfito de carbono]]. É multivalente e presenta como [[estado de oxidación|estados de oxidación]] máis comúns os valores -2, +2, +4 e +6. Encóntrase en grandes cantidades na forma de sulfitos ([[pirita]], [[galena]]) e de sulfatos ([[xeso]]). Na forma nativa é encontrado xunto a fontes termais, zonas volcánicas e en minas de [[cinabrio]], [[galena]], [[esfalerita]] e [[estibina]]. É extraido polo proceso [[Herman Frasch|Frasch]], que consiste en inxectar vapor de auga superenriquecido para fundir o xofre, que posteriormente é bombeado para o exterior utilizándose ar comprimido. Tamén está presente, en pequenas cantidades, en [[combustíbel fósil|combustíbeis fósiles]] como [[carbón]] e [[petróleo]], cuxa combustión produce dióxido de xofre, que combinado con auga dá como resultado a [[chuvia ácida]].
Liña 81:
 
== Aplicacións ==
[[Ficheiro:Burning-sulfur.png|thumb|leftesquerda|Xofre en combustión.]]
 
O xofre é un [[elemento químico esencial]] para todos os organismos vivos, sendo constituínte importante de moitos [[aminoácido]]s. A [[cisteína]], a [[metionina]], a [[homocisteína]] e a [[taurina]] conteñen xofre, formando as pontes de bisulfito entre os [[polipeptídeo]]s, ligazón de grande importancia para a formación das estruturas espaciais das [[proteína]]s. É constituínte de algunhas [[vitamina]]s, participando na síntese do [[coláxeno]], neutraliza os tóxicos e axuda o [[fígado]] na secreción da [[bile]]. É encontrado en [[legume]]s como [[espárrago]]s, [[porro]]s, [[allo]]s, [[cebola]]s, tamén en [[peixe]]s, [[queixo]]s e xema de [[Ovo (bioloxía)|ovo]]s; diferentemente do inorgánico, o xofre dos alimentos non é tóxico e o seu exceso é eliminado pola urina; a súa deficiencia retarda o crecemento. As plantas absorben o xofre do solo como [[ión]] sulfato, e algunhas bacterias utilizan o sulfuro de hidróxeno da auga como doadores de electróns nun proceso similar a unha [[fotosíntese]] primitiva.