Diferenzas entre revisións de «Xoana I de Castela»

m
left -> esquerda
m (arranxiños)
m (left -> esquerda)
 
=== Arquiduquesa de Austria ===
[[Ficheiro:Juanna_Filips_Klein.jpg|thumb|leftesquerda|300px|[[Filipe o Fermoso]] e Xoana I de Castela]]
Como era costume na Europa da época, Isabel e Fernando negociaron os matrimonios de todos os seus fillos co fin de aseguraren os seus obxectivos diplomáticos e estratéxicos. Conscientes das boas aptitudes de Xoana, e contando coa necesidade de reforzar os lazos co [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], que rexía [[Maximiliano I de Austria]], e a rivalidade cos cada vez máis hexemónicos monarcas franceses da dinastía da [[Casa de Valois]], os [[Reis Católicos]] ofreceron a Xoana ao fillo de Maximiliano, ''[[Filipe I de Castela|Filipe de Habsburgo]]'', [[arquiduque de Austria]], [[duque de Borgoña]], [[duque de Brabante|Brabante]], [[duque de Limburg|Limburg]] e [[duque de Luxemburgo|Luxemburgo]], conde de [[Flandres]], de [[Habsburgo]], de [[Hainaut]], de [[Holanda (rexión)|Holanda]], de [[Celandia - Zeeland|Celandia]], do [[Tirol]] e de [[Artois]], señor de [[Antuerpen]] e [[Malines]], etc. A cambio deste enlace, os [[Reis Católicos]] pediron a man da filla de Maximiliano, [[Margarida de Austria]], como esposa para o príncipe [[Xoán de Aragón]]. Xoana de Castela xa fora considerada como posíbel prometida polo herdeiro francés dos Valois, e aínda en [[1489]] foi solicitada en matrimonio polo rei [[Escocia]], [[Xaime IV de Escocia|Xaime IV]], da [[Casa de Estuardo|dinastía Estuardo]].
 
103.099

edicións