Tim Duncan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Inicios: Illas Virxes Estadounidenses - United States Virgin Islands
m left -> esquerda
Liña 40:
 
Trala chegada de Duncan e co experimentado Robinson como parella interior, os Spurs foron considerados un dos equipos máis fortes á hora de loitar polo anel, sendo coñecido o dúo entre as dúas estrelas como "Torres Xemelgas". Na súa tempada rookie, Duncan cumpriu coas expectativas facendo 21,1 puntos, 11,9 rebotes, 2,7 asistencias e 2,5 tapóns xogando os 82 partidos da tempada regular, todos eles como titular. Foi nomeado [[Rookie do Ano da NBA|Rookie do ano]], ademais de ser elixido no mellor quinteto da tempada e de rookies, e no segundo defensivo. Tamén foi seleccionado para disputar como suplente o [[All-Star Game]] de [[1998]], e clasificou aos Spurs a playoffs como quinto do oeste, cun balance de 56-26. En postemporada caeron ante [[Utah Jazz]] en Semifinais de Conferencia tras bater a [[Phoenix Suns]] en primeira rolda.
[[Ficheiro:TD shooting over Andrew Bynum.jpg|thumb|leftesquerda|200px|Duncan tenta un tiro nun encontro ante os [[Los Angeles Lakers|Lakers]]]]
Durante a tempada do peche patronal ([[1998]]-[[1999|99]]), Duncan continuou co seu xogo e asinou 21,7 puntos, 11,4 rebotes, 2,4 asistencias e 2,5 tapóns en tempada regular, sendo elixido no primeiro quinteto da tempada e defensivo. Nos playoffs, eliminaron a [[Minnesota Timberwolves]] en primeira rolda por 3-1 e varreron a [[Los Angeles Lakers]] e [[Portland Trail Blazers]] en Semifinais e Finais de Conferencia. En xeral, fixeron que o traxecto cara ás Finais da NBA fose un camiño de rosas. Nas finais, venceron a [[New York Knicks]] por 4-1, polo que tan só deixaron escapar dous partidos en toda a postempada, sendo Tim Duncan nomeado [[MVP das Finais da NBA|MVP das Finais]] e convertendo aos Spurs en campións da NBA por primeira vez na historia da franquía.