Secretario (ave): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: sh:Ptica sekretar
m left -> esquerda
Liña 8:
{{Taxonomia-fin}}
 
[[Ficheiro:Sagittarius serpentariusEYP03CA.jpg|thumb|leftesquerda|200px|Detalle da cabeza, nunha ilustración de Louis Agassiz Fuertes.]]O '''secretario''' ou '''serpentario''' (''Sagittarius serpentarius'') é unha [[Aves|ave]] de [[falconiformes|rapina diúrna]], a única especie da familia '''Sagittariidae'''. O seu nome é tradicionalmente debido á plumaxe da cabeza, que fai lembrar as plumas usadas antigamente para escribir, mais é unha mala tradución do [[Lingua árabe|árabe]] ''saqr-et-tair'' que significa ave cazadora. O secretario habita en todas as rexións de [[África]] ao sur do [[Sáhara]], agás zonas de vexetación densa. O seu ''hábitat'' preferente é a [[sabana]], sendo tamén común en áreas semidesérticas ou con vexetación escasa.
 
O secretario é unha ave de grande porte, achegándose aos 1,5 m de altura e cerca de 5 metros de envergadura. As femias son lixeiramente menores que os machos, mais a especie non presenta un [[dimorfismo sexual]] significativo. A plumaxe é cincenta, coa cola, punta das ás e coxas negras. A cabeza é pequena, con faces alaranxadas, e termina nun [[peteiro]] curto e encurvado típico das aves de rapina. Na parte de traseira da cabeza o secretario presenta unha crista característica de plumas negras. As patas do secretario son moi longas e terminan en garras afiadas.
 
O secretario vive habitualmente en parella, ás veces en grupos de 3 a 4 aves. Esta ave localízase sobre todo en terra, camiñando a cerca de 3 [[velocidade|km/h]], mais é unha excelente voadora que prefire planar nas correntes de ar ascendentes como os [[voitre]]s. A súa alimentación é sobre todo a base de [[serpes]], podendo tamén consumir [[roedor]]es e [[anfibio]]s. O secretario mata as presas cos patas, menos frecuentemente adoita facelo co peteiro, que usa apenas para dominar animais de pequeno porte.
[[Ficheiro:Sekretär.jpg.png|thumb|300px|leftesquerda|Distribución xeográfica do secretario]]
A época de reprodución vai, dependendo da súa distribución xeográfica, desde agosto a decembro. A parella constrúe un niño tipo plataforma, pretocon cerca de 1,5 m de diámetro, no topo de árbores ou arbustos altos. A construción é xeralmente reaproveitada pola parella de ano para ano. Cada posta contén unha media dous ovos alongados, de cor cincenta azulada, que son incubados pela femia durante 40-46 dias. Durante este período, a femia non abandona o niño e é alimentada pelo seu compañeiro. As crías permanecen no niño durante cerca de dous meses e son coidadas polos dous pais. Aos tres meses xa son independentes.