Santos Futebol Clube: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: San Paulo - São Paulo (cidade)
m left -> esquerda
Liña 27:
 
O Santos FC foi fundado o [[14 de abril]] de [[1912]] (só unhas horas antes do afundimento do [[RMS Titanic|Titanic]]) por iniciativa de 3 deportistas locais, e disputou o seu primeiro encontro oficial o [[15 de setembro]] dese mesmo ano.
[[Ficheiro:Araken-SP-1933.jpg|120px|thumb|leftesquerda|Araken Patusca.]]
As primeiras tempadas do equipo no campionato Paulista foron pouco salientables, ata a edición de 1927, na que o Santos presentou un equipo cheo de xogadores xóvenes que pasou á historia do club como ''o ataque dos 100 gols'', liderado polo dianteiro Araken Patusca (1905-1990). Ese ano o equipo perdeu o título na derradeira xornada, en favor do [[Sociedade Esportiva Palmeiras|Palestra Itália]], pero acadou 100 goles en 16 encontros, 31 deles feitos por Araken. En 1928 e 1929 o Santos FC acadou dous novos subcampionatos estatais, sempre detrás do [[Sport Club Corinthians Paulista|Corinthians]], e non foi ata 1935 que o club acadou o seu primeiro título no campionato Paulista, gañando na final dese ano fronte ó [[Sport Club Corinthians Paulista|Corinthians]] con goles de Araken e Raul.
 
Liña 33:
 
En 1955 o Santos acadou o seu 2º título paulista, co dianteiro Del Vecchio como máximo goleador do torneo con 23 goles, pero o mellor ainda estaba por chegar. Ó ano seguinte (1956) o Santos FC volveu a gañar o campionato, pero se cadra o mais salientable dese ano foi o debut dun rapaz de 16 anos chamado Edson Arantes do Nascimento '[[Pelé]]', que marcaría tanto a historia do club nos seguintes 18 anos que a imaxe de ámbolos dous, xogador e equipo, ficarían permanentemente asociadas.
[[Ficheiro:PELÉ_-_1963.jpg|200px|thumb|leftesquerda|Edson Arantes do Nascimento [[Pelé]].]]
En 1957 o Santos tivo que conformarse co segundo posto no torneo paulista, pero [[Pelé]] xa foi quen de marcar 17 goles, o que lle valeu para ser o máximo artilleiro desa edición do torneo. Non obstante, en 1958 [[Pelé]] non acadou 17 goles, senón 58, record histórico do [[Campionato Paulista]], e o Santos FC acadou o seu 4º título estatal. Ese ano [[Selección de fútbol de Brasil|Brasil]] e [[Pelé]] tamén gañaron o seu primeiro [[Copa do Mundo de Fútbol|Mundial de Fútbol]].
 
Liña 45:
 
En [[2002]] o Santos rematou 8º no campionato brasileiro, acadando a última praza para disputar as eliminatorias polo título. Nos cuartos de final eliminou ó favorito, o [[São Paulo Futebol Clube|Sao Paulo FC]] de Luis Fabiano, nas semifinais desfíxose do [[Grêmio Foot-Ball Porto Alegrense|Gremio FPA]] de Rodrigo Fabri, e presentouse na final cun equipo xoven liderado por [[Robinho]], para enfrontarse ó [[Sport Club Corinthians Paulista|Corinthians]]. No primeiro encontro venceu o Santos por 2-0, e na volta venceu de novo por 2-3, facéndose así co seu primeiro Brasileirao.
[[Ficheiro:Neymar.jpg|180px|thumb|leftesquerda|[[Neymar]].]]
En [[2003]] o Santos chegou de novo á final polo titulo nacional, caendo nesta ocasión fronte o [[Cruzeiro Esporte Clube|Cruzeiro]]. En [[2004]] o campionato brasileiro decidíase por vez primeira trala tempada regular, e dicir, o campión sería o primeiro da táboa, e tras 46 xornadas disputadas, o campión foi o Santos, acadando 103 goles e encaixando 58. [[Robinho]], que marcou 21 goles, foi elexido mellor xogador do campionato, pero en [[2005]] asinou co [[Real Madrid]], deixando ó Santos.