Ría de Bilbao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: pt:Ria de Bilbau
m left -> esquerda
Liña 34:
A historia da agora capital [[Biscaia|biscaíña]] e a ría atópanse fortemente ligadas: [[Bilbao]] naceu onde a ría comezaba a ser navegable e existía unha ponte que a cruzaba. Os primeiros indicios de poboación rexistráronse no ano [[1075]], cun grupo de pescadores que se reunían ao redor da pequena igrexa no territorio de [[Santurtzi]]. Desde ese momento, comezou un desenvolvemento vertixinoso de actividades comerciais marítimas ao longo da [[Idade Media]], incluída a fundación da vila de Bilbao no [[1300]] e a de [[Portugalete]] en [[1322]]. Nos séculos seguintes, o [[porto de Bilbao|porto]] consolidouse como o máis importante centro comercial do [[Señorío de Biscaia]], dirixindo as súas actividades primeiro co resto do continente [[Europa|europeo]], e máis tarde coas colonias americanas.
 
[[Ficheiro:Ataque al Puente de Luchana.jpg|leftesquerda|thumb|[[Batalla de Luchana]] durante a [[Primeira Guerra Carlista]], entre os concellos de [[Bilbao]] e [[Erandio]].]]
No [[século XIX]] Bilbao viuse completamente saturada de poboadores e sen superficie cara a onde expandirse. Decidiuse entón iniciar o ''Ensanche'' da vila sobre a beira esquerda da ría, engadindo ao municipio a veciña anteigrexa de [[Abando]]. Isto foi unha realidade en [[1872]], baixo a supervisión do [[arquitecto]] [[Severino Achúcarro]] e os enxeñeiros Pablo de Alzola e Ernesto de Hoffmeyer. O desenvolvemento da industria mineira nos próximos montes de Miribilla e de Triano favoreceu a industria [[metalurxia|metalúrxica]] que se instalou na ría, o que significou un poderoso enriquecemento para a rexión.
 
Liña 44:
 
== As marxes ==
[[Ficheiro:Abandoibarra.jpg|thumb|200px|leftesquerda|Paseo de Uribitarte ([[Bilbao]]).]]
Outrora as marxes esquerda e dereita do curso inferior da ría, nos arredores de Bilbao, eran opostas en canto ás súas características sociais: a dereita era residencial e a esquerda, industrial e obreira. En Bilbao, a diferenza reside en que mentres a marxe dereita conserva o seu valor histórico, a esquerda, completamente renovada, converteuse no centro económico da cidade, co seu epicentro na [[Gran Vía de Bilbao|Gran Vía de Don Diego López de Haro]] e a Praza Moyúa. Ambas as beiras experimentaron un desenvolvemento urbano impresionante, con interesantes lugares destinados ao goce de locais e visitantes.