Rugby: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: id:Sepak bola rugbi |
m left -> esquerda |
||
Liña 18:
== As regras do xogo ==
[[Ficheiro:SchoolRugbyMatch.JPG|right|thumb|Xogador a punto de ser placado]]
[[Ficheiro:Rugbypitch.png|thumb|
No rugby enfróntanse dous equipos dentro dun campo rectangular en cuxos extremos atópanse instaladas dúas porterías con forma de "H". O obxectivo fundamental consiste en apoiar un balón ovalado no chan coas mans sobre ou trala liña de ensaio. Isto denomínase ensaio (''try'' en inglés) e ten un valor de 5 puntos. Tralo ensaio, o equipo anotador ten o dereito de patear o balón cara á portería adversaria, e se consegue pasalo (transformación) entre os dous paus verticais e por enriba do travesaño, anota 2 puntos máis. Orixinalmente os ensaios eran para dar opción a tirar a paus (transformación) valendo máis os tiros a paus que os ensaios. Tamén poden conseguirse puntos tirando a paus tras un golpe de castigo ou ''penalty'' ou mediante un bote-pronto ou ''drop'', consistente en tirar a paus durante o xogo aberto deixando previamente botar o balón no chan. Námbolos casos o seu valor é de 3 puntos.
Liña 27:
A forma de poñer o balón en xogo no rugby é moi característica. Cando o balón sae fóra do campo ponse en xogo mediante un saque lateral (''touche'' en [[Lingua francesa|francés]] ou ''line out'' en [[Lingua inglesa|inglés]]) onde a cantidade de xogadores é definida polo equipo que ingresa a pelota e pode variar dende dous xogadores até os catorece xogadores, sen contar ó xogador que introduce a pelota (xeneralmente o ''hooker'' ou talonador), e tras unha falta menor (un pase adiantado, por exemplo) ou para reiniciar o xogo logo dunha formación onde a pelota non saíu para ningún dos dous equipos mediante unha melé (''scrum'' en inglés). [[Ficheiro:Melé.jpg|thumb|250px|right|A melé]]
[[Ficheiro:Touche2.jpg|thumb|
En ambos casos, do que se trata é de que o contrario tamén teña opción de obter o balón. Outra cousa son as infraccións maiores, que se penalizan cun golpe de castigo (''[[penalty]]'' en inglés), no que o balón xógao directamente o equipo non infractor coa man ou pateándoo, e pode dar lugar a tiro a paus para conseguir 3 puntos ou patear cara ó touch (despexar) coa intención de gañar terreo xa que o reinicio, un line, o realizaría o mesmo equipo que pateou.
|