República Democrática Alemá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: diq:Cumhuriyeto Almanyao Demokratik (deleted)
m left -> esquerda
Liña 51:
 
=== Os primeiros anos (1949-1954) ===
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-30033-0001, Politbüro der SED.jpg|thumb|leftesquerda||200px|Politbüro do SED, 1955. No centro, sentados: Ulbricht, Pieck e Grotewohl.]]
O [[Partido Socialista Unificado de Alemaña|SED]] controlaba a coalición da ''Fronte Nacional'', unha federación de todos os partidos políticos e organizacións de masas que preservaba o pluralismo. A Constitución de [[1949]] formalmente establecía unha [[República federal]] [[democracia|democrática]] e creaba a Cámara dos Estados e a Cámara do Pobo (''Volkskammer''). A ''Volkskammer'', de acordo coa Constitución, era o órgano supremo do Estado, investido de soberanía lexislativa. A elección do ''Volkskammer'' e dos Consellos de Estado (máis tarde substituídos polos Consellos de Distrito) baseábase nunha lista única da Fronte Nacional; os votantes podían expresar a súa aprobación ou non.
 
Liña 64:
=== Política económica (1956-1975) ===
En [[1956]], no XX Congreso do [[Partido Comunista da Unión Soviética]], o seu primeiro secretario [[Nikita Khrushchev]] repudiou o [[Stalin|estalinismo]]. Naquel momento, un sector da intelectualidade académica dentro do [[Partido Socialista Unificado de Alemaña|SED]] demandaba reformas. Con este obxectivo, [[Wolfgang Harich]] redactou un programa defendendo cambios radicais en Alemaña Oriental. A finais de [[1956]], el e os seus partidarios foron rapidamente purgados das filas do partido.
[[Ficheiro:100-Mark-1971.jpg|thumb|leftesquerda|300px|Billete de 100 marcos da RDA coa efixie de [[Karl Marx]]]]
O Pleno do Comité Central do SED de [[xullo]] de [[1956]] confirmou o liderado de Ulbricht e presentou o segundo Plan Quinquenal (1956-[[1960]]). O plan levaba como lema "modernización, mecanización e automatismo" para salientar o novo enfoque no progreso tecnolóxico. No Pleno, anunciouse a intención de desenvolver [[enerxía nuclear]], e o primeiro reactor nuclear de Alemaña Oriental foi activado en [[1957]].
 
Liña 81:
 
=== Política exterior (1967-1975) ===
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-N1007-0018, Berlin, 25. Jahrestag DDR-Gründung, Parade.jpg|thumb|leftesquerda|350px|XXV Aniversario da RDA, [[Berlín]], [[1974]].]]
A política exterior de Ulbricht entre [[1967]] e [[1971]] respondeu o comezo da época da distensión co Oeste. Aínda que isto ofreceu a Alemaña do Leste a oportunidade de superar o seu illamento en política exterior e gañar o recoñecemento de Occidente como Estado soberano, o líder do SED era remiso a perseguir unha política de achegamento a [[Alemaña Occidental]]. As dúas Alemanias conservaran o obxectivo da futura unificación; con todo, ambas continuaban irreconciliables por mor dos seus propios sistemas políticos. A [[Constitución]] de [[1968]] proclamou a vitoria do [[socialismo]] e remarcou o obxectivo nacional da unificación baixo liderado [[Comunismo|comunista]].
 
Liña 96:
 
=== Política interior (anos 1970) ===
[[Ficheiro:Nva-ehrenwache.jpg|thumb|leftesquerda|200px|Garda de Honra do Rexemento ''[[Friedrich Engels]]'' no ''Monumento ás vítimas do [[fascismo]] e o [[Exército|militarismo]]''.]]
Ámbalas Alemañas continuaron unha procura de identidade nacional, pero aínda que para [[Alemaña Occidental]] foi máis sinxelo fundar a súa identidade asumindo practicamente toda a [[Cultura de Alemaña|tradición histórica alemá]], para a RDA este proceso foi moito máis difícil. Dende o principio, a recentemente formada RDA tentou establecer a súa propia identidade separada, deixando de lado diversos elementos históricos característicos que non eran conformes cun Estado de ideoloxía [[comunista]]. Sobre todo, debido á antiga crítica marxista do militarismo de [[Prusia]], o SED repudiaba toda posible "continuidade" entre Prusia e a RDA, aínda que xeograficamente o territorio da RDA comprendía na práctica a maior parte do antigo reino prusiano. No seu lugar, enfocouse na herdanza progresista da [[Historia de Alemaña]], incluíndo o papel de [[Thomas Müntzer]] na [[Guerra dos campesiños alemáns]] do [[século XVI]], e o papel xogado polos heroes da loita de clases durante a industrialización de Prusia, deixando de lado a outras figuras da historia alemá, aínda que preservando no posible aos líderes intelectuais máis destacados e indiscutiblemente alemáns como [[Schiller]] ou [[Goethe]]. Asímismo reivindicou ao outrora criticado clérigo [[Martiño Lutero]] xunto aos fundadores do [[Partido Comunista de Alemaña|KPD]] e heroes da [[Revolución de Novembro]] de [[1918]], [[Karl Liebknecht]] e [[Rosa Luxemburgo]].
 
Liña 106:
 
=== Estancamento e caída (1975-1989) ===
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-1986-0417-414, Berlin, XI. SED-Parteitag, Eröffnung.jpg|thumb|leftesquerda|200px|XI Congreso do SED, [[Berlín]], [[1986]].]]
Debido á forte tradición alemá de beber café, as importacións de café eran unha das máis importantes para os consumidores. Unha masiva alza nos prezos do café entre [[1976]] e [[1977]] causou algúns problemas financeiros á RDA, debilitando bastante a súa divisa. Como resultado diso, no verán de [[1977]] o [[Politbüro]] retirou as marcas máis baratas de café das tendas, limitando o seu uso a restaurantes, e retirou a súa provisión de oficinas públicas e empresas estatais. Para substituír esta situación, introduciuse un novo tipo de café, o ''Mischkaffee'' (café mixto), que era 51% café e 49% unha mestura de [[chicoria]], [[centeo]] e remolacha. Evidentemente, o novo café foi detestado amplamente polo seu mal sabor, coñecéndose esta situación como a ''Crise do Café''. A crise pasou tras [[1978]] á vez que os prezos do café comezaron a caer de novo, e a RDA asinaba un acordo con [[Vietnam]], un dos maiores produtores de café do mundo.
 
Liña 119:
 
== Política e goberno ==
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-1990-0419-418, Berlin, Volkskammer während Regierungserklärung von Lothar de Maiziere.jpg|thumb|leftesquerda|250px|Sesión da ''Volkskammer'' en [[1990]].]]
Nos anos comprendidos entre o final do conflito e a fundación da nova República, organizouse nesta zona o [[Partido Socialista Unificado de Alemaña]] (''Sozialistische Einheitspartei Deutschlands'', SED). O SED foi impulsado polas organizacións orientais do [[Partido Comunista de Alemaña]] (KPD) de [[Wilhelm Pieck]] e o [[Partido Socialdemócrata de Alemaña]] (SPD) de [[Otto Grotewohl]]. O SED impulsou a creación e potenciación dunha organización xuvenil vinculada ao devandito partido, a Mocidade Libre Alemá (''Freie Deutsche Jügend'', FDJ) e unha central sindical, a Federación Alemá de Sindicatos Libres (''Freier Deutscher Gewerkschaftsbund'', FDGB). O SED chegou a contar con 2,8 millóns de militantes.