Renault F1 Team: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
m left -> esquerda
Liña 39:
O ano seguinte iniciouse de forma similar, con catro retiradas consecutivas por fallos de motor, pero cara ao final do ano, o equipo empezou a obter resultados, con dous terceiros postos en cualificación. A primeira carreira completada foi o [[Gran Premio dos Estados Unidos de 1978]] obtendo o equipo un cuarto lugar e os seus primeiros puntos na [[Fórmula 1]].
 
[[Ficheiro:Derek Warwick Renault RE50 1984 Dallas F1.jpg|leftesquerda|thumb|250px| Derek Warwick pilotando o Renault RE50 no ano 1984 en Dallas.]]
 
Coa entrada dun segundo piloto, [[René Arnoux]], en {{F1|1979}}, o equipo seguiu sen brillar. Jabouille obtivo o primeiro lugar en cualificacións para o [[Gran Premio de Sudáfrica de 1979]]. A súa primeira vitoria obtívoa Jabouille no [[Gran Premio de Francia de 1979]]. Esa foi a primeira carreira gañada por un motor turbo. A partir de aí, os resultados empezaron a chegar, sobre todo co piloto Arnoux. A partir dos anos 80, Renault corría algunhas carreiras con 3 coches, 2 oficiais e un privado ou de reserva, sendo este de menor potencia ou máis difícil de conducir. En {{F1|1981}}, [[Alain Prost]] sucedeu a Jabouille e a combinación Arnoux-Prost-Renault comezou a obter resultados. En {{F1|1982}}, o equipo gañou 11 carreiras, 9 delas por Prost. A partir de {{F1|1984}}, o equipo xa non logrou os resultados anteriores e en {{F1|1986}} dedicouse unicamente a producir motores.
Liña 54:
 
=== O retorno ===
[[Ficheiro:Jarno Trulli 2003.jpg|leftesquerda|thumb|250px| [[Jarno Trulli]] pilotando o [[Renault R23]] no ano {{F1|2003}}.]]
Novamente Renault regresa á [[Fórmula 1]] en {{F1|2002}} adquirindo o equipo [[Benetton Formula|Benetton]] cuxa presidencia ocupou desde entón [[Patrick Faure]] ata {{F1|2006}} sendo substituído por [[Alain Dassas]], con [[Flavio Briatore]] como director e [[Bob Bell]] como director técnico.
 
Liña 62:
A presenza de [[Flavio Briatore]], [[Bob Bell]] e [[Fernando Alonso]] quizais signifique a época dourada de Renault F1, na que conseguiu mellores resultados, incluíndo dous campionatos do mundo por equipos ([[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2005|2005]] e [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2006|2006]]) e dous campionatos de pilotos ([[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2005|2005]] e [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2006|2006]]), ambos con [[Fernando Alonso]], sendo [[Giancarlo Fisichella]] o segundo piloto. Os [[Automóbil|coches]] R25 e [[Renault R26|R26]] alcanzaron a notable cifra de 191 e 206 puntos nas súas respectivas tempadas, revelándose como uns [[monopraza]]s constantes e fiables.
 
[[Ficheiro:Fernando Alonso 2005 Britain.jpg|leftesquerda|thumb|250px| [[Fernando Alonso]] pilotando o [[Renault R25]] no ano [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2005|2005]], ano en que se proclamou campión do mundo de pilotos e Renault de equipos.]]
 
[[Ficheiro:Fernando Alonso 2006 Canada.jpg|right|thumb|250px| [[Fernando Alonso]] ao volante do [[Renault R26]] en [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2006|2006]], ano en que o español foi bicampeón do mundo de pilotos e Renault de equipos.]]
Liña 76:
 
==== [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2008|2008]]: resurrección final ====
[[Ficheiro:Singapore grand prix 2008 alonso win.jpg|leftesquerda|thumb|250px|Fernando Alonso logrou a vitoria no [[Gran Premio de Singapur de 2008|Gran Premio de Singapur]], logo de case dous anos do último triunfo de Renault.]]
 
Renault comezou a tempada mal en clasificación, con [[Fernando Alonso|Alonso]] 11º e [[Nelsinho Piquet]] 21º, aínda que en carreira [[Fernando Alonso|Alonso]] queda 4º, con abandono de [[Nelsinho Piquet]]. [[Fernando Alonso|Alonso]] acabou cuarto grazas a que foi o cuarto GP que menos coches acabaron e a que [[Heikki Kovalainen]] apertou o limitador de velocidade (que se usa para non exceder os 90 km/h no carril de boxes) na recta de meta na última volta. Na seguinte carreira, o [[Gran Premio de Malaisia de 2008|Gran Premio de Malaisia]], melloraron en clasificación colocando a Alonso 7º e a Piquet 13º. En carreira as cousas non lles saíron tan ben e só lograron un punto grazas ao 8º posto de [[Fernando Alonso|Alonso]], mentres [[Nelsinho Piquet|Piquet]] finalizou en 11º lugar. Na seguinte proba, no [[Gran Premio de Bahrain de 2008|circuíto de Bahrain]], o equipo Renault tivo moitos problemas e non levaron ningún punto. Porén, no [[Gran Premio de España de 2008|Gran Premio de España]], as novas melloras introducidas no monopraza fixeron do [[Renault R28|R28]] un coche máis competitivo, logrando un impresionante resultado na clasificación, con [[Fernando Alonso]] en 2º posto e [[Nelsinho Piquet|Piquet]] no 10º. Con todo, na carreira non tiveron sorte, e ningún dos seus coches puido finalizar o gran premio. [[Fernando Alonso]] rompeu motor cando marchaba en 5º posición con opcións de finalizar no podio. Pero as melloras volveron ilusionar ao equipo, que no [[Gran Premio de Turquía de 2008|Gran Premio de Turquía]] conseguiu colocar a [[Fernando Alonso|Alonso]] en 6º lugar e demostrando que poderían estar arriba o resto da tempada. Logo, no [[Gran Premio de Francia de 2008|Gran Premio de Francia]], no que o equipo Renault corría en casa, lograron unha boa clasificación colocando a [[Fernando Alonso]] 3º en grella e a [[Nelsinho Piquet|Piquet]] 9º. Con todo, en carreira, algúns problemas coa saída de [[Fernando Alonso]] e problemas na reposición (aos mecánicos quedóuselles enganchada a mangueira) fixeron perder a [[Fernando Alonso|Alonso]] varias posicións en carreira, e a 2 voltas do final o piloto español rodaba 7º e presionaba ao australiano [[Mark Webber]], mentres que [[Nelsinho Piquet|Nelson]] rodaba 8º. Pero o piloto brasileiro adiantou ao seu compañeiro de equipo cando este trataba de dobrar a un [[Force India F1|Force India]]. Tras este problema cos dobrados, [[Nelsinho Piquet|Nelsinho]] finalizaba 7º, o seu mellor resultado ata entón e con [[Fernando Alonso|Alonso]] 8º a pesar de todos os inconvenientes que tivo. Así, o equipo Renault colocou aos seus dous coches nos puntos por primeira vez esta tempada. No [[Gran Premio de Alemaña de 2008|Gran Premio de Alemaña]], [[Nelsinho Piquet|Nelson]] conseguiu o primeiro podio da tempada ao ser segundo grazas a unha estratexia dunha soa parada e aproveitar a saída do [[Safety car]]; mentres que [[Fernando Alonso]], tras ter unha mala carreira e un frouxo rendemento do coche, acabou 11º tras saír en 5º lugar. No [[Gran Premio de Hungría de 2008|Gran Premio de Hungría]], Renault alcanza os 1000 puntos na [[Fórmula 1]], 399 dos cales foron logrados por [[Fernando Alonso|Alonso]]. No [[Gran Premio de Singapur de 2008|Gran Premio de Singapur]], o piloto asturiano dá a Renault unha nova vitoria logo de case dous anos en branco, e no [[Gran Premio de Xapón de 2008|Gran Premio de Xapón]] demostra que o [[Renault R28|R28]] mellorou con outra vitoria e [[Nelsinho Piquet|Piquet]] en 4º lugar. Nas dúas últimas carreiras, [[Fernando Alonso|Alonso]] consegue un 4º posto e un 2º, demostrando todo o potencial dun coche que non funcionaba a principios do mundial.
Liña 92:
 
==== [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2010|2010]]: incerteza e melloría ====
[[Ficheiro:Robert_Kubica_2010_Malaysia_2nd_Free_Practice.jpg|leftesquerda|thumb|250px|[[Robert Kubica]] durante o [[Gran Premio de Malaisia de 2010]].]]
As cousas non acabaron nada ben no [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009|2009]] e non parecía que o ano [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2010|2010]] fose a empezar moito mellor. O equipo francés contratara ao piloto polaco [[Robert Kubica]], procedente de [[BMW Sauber F1 Team|BMW Sauber]], pero a participación na tempada non estaba asegurada: O día [[3 de decembro]] de [[2009]], os directivos de [[Renault]] reuníronse en [[París]] para decidir o futuro do equipo, que puido ser vendido á empresa de David Richards, [[Prodrive]].