Abrir o menú principal

Cambios

m
left -> esquerda
=== O nazismo ===
:''ver artigo [[Nazismo#Teoría ideolóxica]].''
[[Ficheiro:Antisemitisme Duitsland 1933.jpg|leftesquerda|thumb|200px|Alemaña nazi: "Non compre aos xudeus!"]]En [[1899]], o inglés [[Houston Stewart Chamberlain]], chamado ''O antropólogo do Kaiser'', publicou na [[Alemaña]] a obra ''Die Grundlagen des neunzehnten Jahrhunderts'' (Os fundamentos do [[século XIX]]). Esta obra trouxo de volta o mito da raza aria, identificándoa co pobo alemán.
 
[[Alfred Rosenberg]] tamén creou obras que reforzaron a teoría da superioridade racial. Estas foron aproveitadas polo programa político [[nazismo|nazi]] de cara á unión dos alemáns utilizando a identificación dos trazos raciais específicos. Como a "raza alemá" estaba bastante mesturada, isto é, non había unha normalidade de trazos fisionómicos, definíronse entón ''razas'' inimigas, reforzando desta forma un sentimento de hostilidade e aversión dirixido a persoas e cousas estranxeiras. Deste xeito, os nazis usaron a xenofobia asociada ó racismo, atribuíndo a individuos e grupos sociais actos de discriminación para amalgamar o pobo alemán contra o que era diferente. A escravización dos pobos da [[Europa oriental]] e a persecución ós [[xudeu]]s eran as probas pretendidas polos nazis da superioridade da raza aria sobre os demais ‘‘grupos diferentes’‘ e raciais.
 
=== Israel ===
[[Ficheiro:AbuDisWall.jpg|leftesquerda|thumb|250px|O muro entre [[Abu Dis]] e [[Xerusalén]], xuño de [[2004]].]]En [[1975]], por presión dos países árabes e co apoio dos [[URSS|soviéticos]], o [[sionismo]] foi considerado unha forma de racismo pola [[Resolución 3379 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas]]. Porén, en [[1991]], esa acusación eliminouse pola [[Resolución 4686 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas]].
 
En [[2002]], o Parlamento israelí aprobou unha lei que nega os cidadáns de orixe árabe do país o dereito de conviviren cos seus cónxuxes en caso de contraeren matrimonio con palestinos, pois a estes será recusada a permisión de residencia no país. A lei foi levada a xuízo por diversas entidades de dereitos humanos, aínda que o [[15 de maio]] de [[2006]] foi confirmada pola ''Suprema Corte de [[Israel]]''.<ref> [http://www.ansa.it/ansalatinabr/notizie/fdg/200605141822241820/200605141822241820.html Israel nega dereito de reunificación de familias] (ansa.it)</ref>
103.029

edicións