Piemonte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m homónimos
m left -> esquerda
Liña 47:
 
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Cannero-Riviera-Lungolago.jpg|thumb|leftesquerda|220px|Cannero-Riviera, no Lago Maggiore]]
O territorio da rexión é de xeito predominante montañoso (ao redor do 43,3% do territorio rexional). As principais cadeas montañosas son os [[Alpes]], que rodean a zona occidental da rexión, e os [[Apeninos]], situados no límite coa [[Liguria]] e a [[Emilia-Romaña]].
 
Liña 57:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Torino-teatroromano01.jpg|thumb|leftesquerda|Teatro romano de Turín]]
Habitado desde o neolítico, despois do desxeo no alto Val Padano no [[-1000|primeiro milenio a.C.]], foi ocupado polas poboacións [[celtas]] ou lígures dos Taurini e dos Salassi, posteriormente sometidos polos [[Imperio Romano|romanos]] ([[-220|220 a.C.]]), que fundaron colonias como Augusta Turinorum (Turín) ou Eporedia (Ivrea). Despois da crise da parte occidental do imperio, a rexión sufriu incursións, loitas e conquistas por parte de pobos bárbaros, como os [[burgundios]], os [[godos]] (no [[século V]]), os [[bizantinos]], os [[longobardos]] (no [[século VI]]) ou os [[francos]] ([[773]]), aínda que sempre conservando unha certa autonomía.
 
Liña 66:
Tralo paréntese da dominación napoleónica (entre [[1796]] e [[1814]]), o Piemonte seguiu os destinos do [[Reino de Sardeña]] e tivo un papel central no [[Risorgimento]] italiano, así como na construción do novo estado unitario ([[1861]]). Produciuse o que se deu en chamar a "piemontesización" do novo estado, que consistiu en tomar como modelo de estrutura xurídica e política (''Estatuto Albertino'' de [[1848]]), así como a xestión do persoal administrativo, para novo estado o da rexión piemontesa.
 
[[Ficheiro:Stupinigi.jpg|thumb|leftesquerda|Palazzina di caccia di Stupinigi, unha das residencias dos Savoia]]
Nos momentos máis críticos ou de transición da historia nacional italiana, o Piemonte fixo importantes contribucións como "laboratorio" político e social, coas folgas de operarios nas guerras mundiais ([[1917]] e [[1943]]), as experiencias torinesas de Gramsci e Piero Gobetti, a intensa participación na resistencia, o industrialismo innovador de Adriano Olivetti ou a estación de loita do outono quente (l'autunno caldo) en [[1969]]. A industrialización da rexión foi impoñente, pasando da estrutura agraria tradicional do Reino dos Savoia, fundamentada na hexemonía dos burócratas e militares e da aristocracia, a un rápido proceso de modernización até converterse nos inicios do [[século XX]], nun dos vértices do triángulo industrial que levaron a cabo o despegue económico italiano.