Período micénico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m left -> esquerda
Liña 1:
{{Historia de Grecia}}
O '''Período micénico''' da [[historia de Grecia]] abarca desde o 1600 a.C. ao 1100 a.C., cando [[Micenas]] era un dos maiores centros de civilización e unha potencia militar que dominaba a maior parte do sur da Grecia. O período micénico constitúe a derradeira fase da [[Idade do Bronce]] na [[Grecia Antiga]] e é o escenario das narrativas [[épica]]s de [[Homero]] e de boa parte da [[mitoloxía grega]]. Rematou coa invasión dos [[dorio]]s, aínda que hoxe se dubida de se existiu tal invasión.
[[Ficheiro:Sites_mycéniens.png|thumb|leftesquerda|300px|Localización dos principais sitios micénicos.]]
 
Os descendentes dos invasores que remataran coa [[minoico|Creta minoica]] foron incorporando elementos de civilización preexistente e arredor de 1600 a. C. tiñan unhas monarquías cuxa sede estaba en palacios moi sinxelos, pero que conservaban trazos do seu pasado tribal, xa que o rei tiña mero carácter simbólico e as decisións tomábanse en asemblea de notables.
 
[[Ficheiro:MaskAgamemnon.png|thumb|leftesquerda|200px|[[Máscara funeraria]] coñecida como [[Máscara de Agamenón]].]]
 
O [[Bronce medio]] vense a converter na plena adaptación ao medio mediterráneo, dedicados o cultivo da vide, oliveira e algúns frutais como a figueira. Practicaban tamén a artesanía do bronce e a cerámica con [[torno de olería]] por vez primeira. Non tardaron en establecer contactos comerciais e esta nova realidade económica impulsou as necesidades defensivas, coa construción de fortificacións novas e máis eficaces. Tamén a monarquía foi deixando detrás o seu aspecto tribal, esvaeceuse a importancia da asemblea en favor dunha monarquía autocrática, moi semellante aos [[despotismo oriental|despotismos orientais]]. O rei estaba asistido por un primeiro ministro (''lawagetas'') con funcións civís e militares e un corpo de funcionarios moi estruturado e eficaz. Existía un clero moi poderoso e a súa relixión, de carácter sincrético con divindades xerarquizadas e cuxo deus supremo tiña como símbolo o raio. Nos palacios atopáronse arquivos de tabelas na escrita [[lineal B]], con censos, inventarios, etc, que controlaban as actividades no ámbito do rei.
 
[[Ficheiro:Mykene.Treasure.of.Atreus.tholos.jpg|thumb|leftesquerda|200px|Entrada da "[[Tumba de Agamenón]]" en Micenas.]]
 
O nome de micénicos procede de [[Micenas]] a cidade fortificada máis importante. Os palacios nesta época deixaron de ser meros caseróns para se converter en construcións luxosas e con servizos. A súa principal actividade económica aínda era a explotación da terra. As labouras do campo levábanas a cabo comunidades campesiñas, controladas pola burocracia. Outras labouras controladas dende o palacio eran a [[gandería]] e a [[metalurxia]]. Hai probas da existencia de comercio con Creta, Asia Menor, Chipre, Exipto, Siria, as costas do [[Mar Negro]], [[Libia]] [[Sicilia]], e os sul de Italia.