Otto Hahn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Modifico: uk:Отто Ган
m left -> esquerda
Liña 26:
Naceu en Frankfurt e estudou química en [[Marburg]] e en [[Munich]]. Tras recibir o seu doutoramento en [[filosofía]] en [[1901]], traballou na universidade de Marburg; en [[1904]] pasou a [[Londres]] e ao ano seguinte a [[Montreal]], para finalmente establecerse en [[Berlín]] en [[1906]]. Recibiu o Premio Nobel de Química en 1944 polos seus traballos pioneiros no campo da [[radiactividade]].
== Investigacións científicas ==
[[Ficheiro:Otto Hahn und Lise Meitner.jpg |leftesquerda|150px|thumb|Otto Hahn e Lise Meitner]]
Xunto a [[Lise Meitner]] e [[Otto von Baeyer]], desenvolveu unha técnica para medir os espectros da desintegración beta de [[isótopo]]s radioactivos; para a súa fortuna este logro foi recoñecido e aseguroulle o posto de profesor no Instituto de Química Kaiser-Wilhelm de Berlín en [[1912]. En [[1918]], xunto con Meitner, descubriu o [[protactinio]]. Cando Meitner fuxiu da Alemaña nazi en [[1938]], el continuou o traballo con [[Fritz Strassmann]] na dilucidación do resultado de bombardeo do [[uranio]] cos neutróns térmicos. Comunicou os seus resultados a Meitner quen, en colaboración co seu sobriño Otto Roberto Frisch, interpretounos correctamente como evidencia da [[fisión nuclear]] (unha frase acuñada por Frisch). Unha vez que a idea da fisión foi aceptada, Hahn continuou os seus experimentos e demostrou as cantidades enormes de enerxía que a fisión inducida con neutróns podería xerar para uso pacífico ou para a guerra.