Noal, Porto do Son: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|concello +|mapa = \n|concello)
m left -> esquerda
Liña 28:
No interior hai labras heráldicas dos Patiño, Caamaño e dos Lamas, ademais dunha imaxinería coa figura de San Vicente do Altar Maior realizada por Xosé Ferreiro.
 
[[Ficheiro:Capela da Atalaia, Noal, Porto do Son.jpg|thumb|leftesquerda|200px|Capela da Atalaia]]
A '''capela da Nosa Señora da Misericordia''', máis coñecida como '''capela da Atalaia''', construíuse inicialmente no [[século XV]], mantendo aínda elementos [[arquitectura gótica|gótico]]s, se ben foi reformada a finais do [[século XVIII]] e ampliada a finais do [[século XIX|XIX]] coa construción da nave principal entre o presbiterio e a porta e das torres das campás e a sancristía na parte posterior.
 
Liña 35:
A capela maior é de planta cadrada co piso a maior altura có do corpo central e con bóveda de cruzaría. Ten unha capela no lateral esquerdo dende a que se accede á sancristía. O retablo da capela maior é de cinco vanos e leva á Nosa Señora da Misericordia no central, acompañada de San Domingos, San Pedro, San Francisco e San Roque.
 
[[Ficheiro:Capela de Loreto, Noal, Porto do Son.jpg|thumb|leftesquerda|200px|Capela de Loreto.]]
[[Ficheiro:Noal, Loreto 01-05.jpg|thumb|250px|Cruceiro da capela de Santa María de Loreto]]
A '''capela da Nosa Señora de Loreto''' data do século XIX. É unha pequena ermida de planta rectangular cunha soa nave coa capela na cabeceira de menor ancho e proporcións cadradas, cunha sancristía no lateral dereito do presbiterio, con acceso desde o exterior. Os muros son de cantería, e neles ábrense dúas pequenas fiestras na nave principal e unha no presbiterio, ademais dunha entrada lateral a carón da sancristía. No interior ten un coro de madeira con escaleira de acceso apegada ao muro.