Nacións celtas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: ro:Națiunile celte
m left -> esquerda
Liña 17:
 
== Terminoloxía ==
[[Ficheiro:George Buchanan by Arnold van Brounckhorst.jpg|leftesquerda|thumb|200px|George Buchanan. Retratado por [[Arnold Bronckorst]], 1581. [[National Gallery of Scotland]].]]
O termo '''nacións celtas''' deriva dos estudos [[filoloxía|filolóxicos]] que durante o [[século XVI]] levou a cabo o erudito [[Escocia|escocés]] [[George Buchanan]], e que máis tarde tamén empregaría o [[humanidades|humanista]] [[País de Gales|galés]] [[Edward Lhuyd]]. Como arquiveiro e despois director do Museo Ashmolean, en [[Oxford]] (1691-1709), Lhuyd viaxou intensivamente por [[Gran Bretaña]], [[Irlanda]] e [[Bretaña]] a finais do [[século XVII]] e comezos do XVIII, observando a semellanza entre as [[lingua bretoa]], a [[lingua córnica|córnica]] e o [[lingua galesa|galés]], e que faría descender dunha única póla linguística que el había chamar "[[Celta P|celta-P]]" ou [[britónico|britónica]], oposto ás [[linguas gaélicas]] de [[Irlanda]], a [[Illa de Mann]] e [[Escocia]], que chamou de "[[Celta Q|celta-Q]]", ou simplemente ''Goidélico''. Todo isto levou a Lhuyd a publicar no ano 1707 a súa obra ''Arqueoloxía de Britania'' un relato das linguas, historias e costumes de Gran Bretaña, a través de estancias no [[País de Gales]], [[Cornualles]], [[Bretaña]], [[Irlanda]] e [[Escocia]]. Na súa ''Arqueologia Britannia'' concluíu que todas aquelas seis linguas derivaban dunha mesma raíz. Lhuyd teorizou que sobre a linguaxe raíz e a relacións destas, coas linguas faladas polas tribos da [[Idade do Ferro]] da [[Galia]], e que escritores [[Grecia|gregos]] e [[Imperio romano|romanos]] chamaron ''[[Celtas]]''. Tendo definido as linguas destas áreas como ''Celtas'', as persoas que viven neles e falan estas anteditas linguas, poden recibir tamén a denominación de "Célticos". Aínda que existen controversias arredor da teoría de Lhuyd, o termo "celta" para describir as linguas e os pobos de [[Bretaña]], de [[Cornualles]] e do [[País de Gales]], [[Irlanda]], a [[Illa de Man]] e [[Escocia]] é totalmente aceptada desde o [[século XVIII]], sendo amplamente utilizada hoxe.