Mesozoico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Subdivisións: Península de Iucatán
m left -> esquerda
Liña 67:
O [[Triásico]] foi en xeral seco, unha tendencia que comeza a finais do [[Carbonífero]], e moi estacional, especialmente no interior de Panxea. O baixo nivel do mar tamén se puido acentuar polas temperaturas extremas. Coa súa alta calor específica, a auga actúa como un estabilizador de temperatura e como unha reserva de calor, polo que as terras próximas ás grandes masas de auga, especialmente dos océanos, experimentan unha menor variación de temperatura. Dado que gran parte das terras que constituían Panxea estaban afastados dos océanos, as temperaturas flutuaban moito, e no interior de Panxea probablemente incluía extensas zonas desérticas. As abundantes camas vermellas e [[evaporita]]s, tales como sales, apoian estas conclusións.
 
[[Ficheiro:Phanerozoic Climate Change.png|thumb|300px|leftesquerda|Cambio climático nos últimos 500 millóns de anos baseadas nas medidas do [[isótopo]] <sup>18</sup>O. O clima actual (á esquerda) é más frío que durante a maior parte do Mesozoico (no centro).]]
 
O nivel do mar comezou a subir durante o [[Xurásico]], o que probablemente foi causado por una expansión do leito mariño. A formación dunha nova cortiza baixo a superficie desprazou as augas oceánicas hasta 200 m máis que na actualidade, o que inundou as zonas costeiras. Por outra parte, Panxea comezou a romperse en fragmentos máis pequenos, co que o aumento da superficie en contacto co océano formou o [[Mar de Tetis]]. A temperatura continuou aumentando e comezou a estabilizarse. A humidade tamén aumentou coa proximidade do auga e dos desertos e se retiraron.