Manuel I Comneno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
Liña 28:
En [[1148]] o emperador atacou a [[Roger II de Sicilia]] cuxa flota tomara [[Corfú]] e saqueara varias cidades gregas, e derrotouno co apoio de [[Venecia]]. Ao ano seguinte, recuperou Corfú e preparou a súa ofensiva contra os [[normandos]] sicilianos. Cun exército de mercenarios italianos invadiu [[Sicilia]] e [[Apulia]], grazas ao apoio de baróns locais descontentos.
 
[[Ficheiro:Hyperryron-Manuel I-sb1965.jpg|thumb|leftesquerda|Moeda de Manuel I.]]
 
Varias cidades, como [[Bari]] que fora unha cidade bizantina ata a súa toma polos normandos en [[1071]], abriron as súas portas ao exército imperial. E aínda que o proceso de conquista se detivo por causa dalgunha derrota, Manuel conseguiu manter algún territorio no sur de Italia, o que se asegurou por unha paz en [[1155]]. Reforzado polo seu éxito, soñou coa restauración do Imperio romano aínda que fose a costa da unión das dúas igrexas, algo que chegou a ofrecer ao papa no curso das negociacións. A unión significaría a aceptación do emperador bizantino como máxima autoridade secular sobre todos os cristiáns; pero o papa considerábase el só como autoridade máxima. Para poder chegar a un acordo, Manuel tería que aceptar a supremacía do papa nalgún modo, e isto resultaba inaceptábel, ata para un emperador tan pro-occidental como Manuel, sobre todo, tendo en conta a actitude anti-occidental de boa parte da poboación greco-ortodoxa. En calquera caso, unha derrota en [[Brindisi]] en 1156 puxo fin ao restaurado imperio bizantino en Italia, e cara a 1158, as tropas orientais xa deixaran Italia. Trala morte de Manuel, os normandos de Sicilia volverían invadir o territorio bizantino en [[1185]], saqueando [[Tesalónica]].