Abrir o menú principal

Cambios

m
left -> esquerda
Trala morte de Filipe IV de España, tío e sogro de Luís XIV, en [[1665]], o seu fillo (da súa segunda esposa) ascendeu ao trono como [[Carlos II de España]]. Luís XIV reclamou o territorio de [[Ducado de Brabante|Brabante]], nos [[Países Baixos]], gobernados até entón polo rei de España, que debían ser "devoltos" á súa esposa, María Tareixa, medio irmá maior de Carlos II (filla do primeiro matrimonio do pai de ámbolos dous). Luís argumentou que os costumes de Brabante non permitían que un fillo sufrise prexuízos polas consecuencias de que o seu pai volvese casar, polo que tiña prioridade sobre os fillos dos seguintes matrimonios á hora de herdar. Estas reclamacións darían pé á [[Guerra de Devolución]] de [[1667]], na cal Luís participou persoalmente.
 
Os problemas internos da [[República dos Sete Países Baixos Unidos]] beneficiaron os intereses de Luís nos Países Baixos. O político máis importante do momento nas Provincias Unidas, [[Johan de Witt]], temía que o mozo [[Guillerme III, Príncipe de Orange]], se fixese co poder nas Provincias Unidas. De Witt pensaba que unha guerra naval contra Francia se podería levar, mais non unha guerra terrestre, que permitiría a intervención de Guillerme III, deixándolle co poder. Así, coas Provincias Unidas divididas nun conflito interno entre os seguidores de De Witt e os de Guillerme de Orange, xunto coas refregas entre ingleses e holandeses, Francia non tivo ningunha dificultade en conquistar [[Flandres]] e o [[Franco Condado]]. Ante a velocidade do triunfo francés, as Provincias Unidas uníronse a [[Inglaterra]] e [[Suecia]] nunha [[Tripla Alianza (1668)|Tripla Alianza]] no ano [[1668]]. A formación da Tripla Alianza puña a Luís XIV ante o problema de verse no medio dunha guerra de maiores dimensións, polo que aceptou firmar a paz no [[Tratado de Aquisgrán (1668)|Tratado de Aquisgrán]], polo cal a Francia se quedaba co control de [[Flandres]], pero devolvía o Franco Condado á España.[[Ficheiro:ES Francia 1552-1798.png|leftesquerda|thumb|350px|Expansión francesa baixo Luís XIV (en laranxa).]]A Tripla Alianza non durou moito. En [[1670]], [[Carlos II de Inglaterra]], atraído por subornos franceses, asinou en segredo o [[Tratado de Dover]], converténdose en aliado francés. Ámbolos dous reinos declararon a [[Guerra Franco-Holandesa|guerra ás Provincias Unidas]] en [[1672]]. A rápida invasión e ocupación da práctica totalidade dos Países Baixos, salvo [[Ámsterdam]], provocou un [[golpe de estado]] contra De Witt, o que lle permitiu a Guillerme III facerse co poder. Guillerme III aliouse coa España e o Sacro Imperio, e, tras dous anos de loita en [[1674]], asinou un tratado de paz coa Inglaterra forzando aos ingleses a retirárense dos Países Baixos. Guillerme incluso chegou a casar con [[María II de Inglaterra]], sobriña de Carlos II de Inglaterra. Porén, e a pesar destes movementos diplomáticos, a guerra continuou con grandes vitorias francesas sobre as forzas da coalición opoñente. De feito, as nacións implicadas, extenuadas pola guerra, comezaron a negociar unha paz, chegando no [[1678]] á [[Paz de Nimega]]. No devandito tratado Luís XIV, malia devolver todo o territorio holandés capturado, gañou a posesión de máis cidades e retivo o Franco Condado, que fora invadido en poucas semanas.
 
O tratado de Nimega incrementou aínda máis a influencia francesa en Europa, pero non satisfixo a Luís XIV. O rei despediu o seu ministro de asuntos exteriores, [[Simon Arnauld de Pomponne]], no ano [[1679]], porque consideraba a súa actitude demasiado comprometida cos aliados. Luís XIV continuou agrandando o seu exército, aínda que en vez de conseguir as súas reclamacións territoriais polas armas, fíxoo por medio de xuízos. Debido ás redaccións ambiguas dos tratados da época, Luís conseguiu reclamar que os territorios que se lle cederan nos tratados asinados previamente, debíanse ceder xunto coas dependencias e terras que tivesen pertencido a eses territorios formalmente. <!-- French [[Chambers of Reunion]] were appointed to ascertain which territories formally belonged to France; the French troops later occupied them. --> A anexión destes territorios tiña o obxectivo de proporcionar á Francia unha fronteira máis defendible. Luís tamén desexaba a cidade de [[Estrasburgo]], un emprazamento estratéxico importante. Estrasburgo estaba emprazada na [[Alsacia]], territorio que non se lle cedera a Luís na [[Paz de Westfalia]]. Porén, Luís XIV ocuparíao en [[1681]], usando pretextos legais.
No apartado da diminución da influencia nobiliaria, Luís seguiu o traballo emprendido polos Cardeais Richelieu e Mazarino. Trala experiencia da Fronda, Luís cría que o único xeito de manter o seu poder era colocar plebeos ou, cando menos, membros da nova aristocracia nos cargos importantes. A devandita política baseábase na idea de que Luís podería reducir a un plebeo que tivese unha grande influencia polo seu cargo tan só con despedilo, cousa que non podería facer coa influencia dun gran nobre. Por iso, Luís adicou a toda a grande aristocracia no posto de cortesáns, á vez que nomeaba ministros a plebeos e novos aristócratas. Como cortesáns, o poder da nobreza diminuíu notablemente. Esa falta de poder vese reflectida na ausencia de rebelións, como a Fronda, tras Luís XIV. De feito, esta vitoria da coroa sobre a nobreza asegurou que non houbese ningunha guerra civil importante na Francia, até a ‘’Revolución’’ e a ‘’Era Napoleónica’’.
 
[[Ficheiro:Versailles_Garden.jpg|thumb|leftesquerda|250px|O palacio de Versalles, construído por Luís XIV.]]Luís XIV converteu o [[palacio de Versalles]], orixinariamente nun refuxio de caza construído polo seu pai, nun espectacular palacio real. O [[6 de maio]] de [[1682]] mudouse oficialmente aló con toda a súa corte. Luís tiña varias razóns para crear un palacio extravagante de tanta opulencia e mudar para alá a residencia da monarquía. A afirmación, con todo, de que odiaba París é imprecisa porque Luís non deixou de embelecer a súa capital con monumentos, mentres a melloraba e a desenvolvía. Versalles cumpría como o sitio admirable e sobrecolledor para os asuntos de estado e para recibir aos mandatarios estranxeiros, onde a atención non se dividía entre a capital e a xente, senón que recaía totalmente sobre o rei. A vida da corte centrábase na grandeza. Os cortesáns rodeábanse de vidas luxosas, vestidos con gran magnificencia, sempre asistindo a ceas, representacións, celebracións, etc. De feito, moitos nobres víronse na obriga de deixaren toda a súa influencia ou a dependeren totalmente dos subsidios e subvencións reais para poder manter o custoso estilo de vida versallés. Esta situación fixo que os nobres deixasen de tentar retomar o poder, o que podería resultar en potenciais problemas para a coroa, centrándose, porén, en competiren por seren invitados a cear na mesa do rei ou polo privilexio de levaren unha candea cando o rei se retiraba aos seus apousentos.
 
=== A unificación nacional: O galicanismo ===
103.029

edicións